Publicidad:
Logo de La Coctelera

Cultura sen Censura!

27 Febrero 2007

"CONTEXTUALIZACIÓN" XEOGRÁFICA DA ASOCIACIÓN

Para falar desta asociación, primeiramente cabe contextualizar o lugar, data e circunstancias na que se creou.
A Asociación Cultural Lucerna opera en Cerceda (http://www.cerceda.es/), un pequeno pobo situado a aproximadamente 25km de A Coruña. Este pobo, que á maioría de vós non vos sonará, é "famoso" por varios acontecementos.
A primeira vez que o nome de Cerceda apareceu en case tódolos xornais de España foi no ano 76, pola inminente expropiación que ían sufrir os veciños das Encrobas (unha parroquia de Cerceda) para poder extraer o lignito atopado baixo este emplazamento. Esta noticia foi mal recibida polos veciños, que no 77 organizaron a famosa Revolta das Encrobas, sen precedentes na nosa historia e moi rechamante tendo en conta o contexto político (rematabamos de saír dunha ditadura). Se vos interesa este tema, consultade en: http://www.vieiros.com/noescaner/noescaner.php?id=56353&Ed=1
Despois deste acontecemento, o nome de Cerceda soou en torno á construcción dunha central térmica en Meirama, ó emplazamento de SOGAMA no noso concello e á construcción do akuapark.
Calquer destes tres últimos feitos suscitou moitas e prolongadas polémicas, sobre todo a instalación de SOGAMA, xa que, aínda que como di o alcalde Xosé García Liñares xera traballo, tamén nos contamina, a nós e ós nosos veciños, feito que non parece importar moito á poboación, xa que a maioría está empregada nesta empresa, aínda que os seus nocivos efectos xa son vixentes. Un exemplo podería ser o acontecido nun río de Cerceda, antes rico en pesca, que fai dous anos apareceu totalmente contaminado, matando todo ser vivo que nel e nas súas beiras habitaba.
Fóra xa de aspectos medioambientais, dende os 80 no concello deuse un fenómeno moi singular nun pobo tan pequeno: a proliferación de grupos de rock.
Primeiramente estaban constituídos por grupos de amigos que se reunían para tocar, pero pouco a pouco fóronse "profesionalizando". Entre algúns deles poderíase destacar "Heredeiros do harado", xa desaparecido, ou "Mördor", máis tarde convertido en Zënzar (http://zënzar.info), e bastante coñecido dentro do entorno.
Máis adiante chegarían outros proxectos locais, como "Sensacha", "Sangrilá", "Osiris", o actualmente retomado e moi bo "Machina" ou "Presencia Zero".
Dentro desta emerxente onda musical que se estaba vivindo, unha serie de persoas decidiu crear unha asociación cultural dende a cal proxectarse cara o exterior e achegar máis cultura a un concello no que esta non semellaba abondante, pero esta é outra "historia" que vos contarei máis adiante...

Tags: asociacion

servido por asociacion-cultural-lucerna 10 comentarios compártelo favorito

10 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Chuchi

Chuchi dijo

De primeiro voulle puntualizar a esta rapaciña (según ela aínda levaba cueiros no primeiro festival, por eso non recorda claramente) que o grupo ó que ela lles chama
"Heredeiros do harado" máis ben se chamaban "Desertores do Arado", grupo que aínda que non durou moitos anos, tivo moito éxito mentras durou.

3 Marzo 2007 | 02:13 PM

Pequespin

Pequespin dijo

Paréceme unha gran idea o deste blog, xa que A.C. Lucerna aínda non ten páxina web e se realmente agora se empezan a levar a cabo actividades periódicamente é interesante estar informados, xa que esta asociación pinta moi ben, como nolo viñeron demostrando ano tras ano co Festival de Rock e con outras actividades menos publicitadas.
Eu tamén lle apuntaría, cando menciona ós distintos grupos que xurdiron no concello de Cerceda, que non se esquenza de NÄSER, que foron os da ocurrencia dese tema que tanto sonou con ZËNZAR: "Cheira ben"...cheira ben, a merda que ven no tren. Cheira mal cheira mal a política local.(...)

3 Marzo 2007 | 02:23 PM

megaoanadeiro

megaoanadeiro dijo

Pois paréceme unha idea fantástica esto de que a Asociación comece a usar as novas tecnoloxías, que se saiba por ahí quen somos e que facemos.Ahh!!Moitas gracias polo que me toca dos alagos.
Invítovos tamén, a que visitedes www.myspace.com/machinagz
SAÚDE

3 Marzo 2007 | 02:41 PM

Chus

Chus dijo

Boas, eu quixera suliñar o difícil que é, nun pobo coma Cerceda, manter a flote a calquer tipo de asociación e dende logo Lucerna é das que máis tempo leva en activo (unhas temporadas con máis actividade e outras con menos). A dificultade parte de entrada da indiscutible oposición dende o concello a que en Cerceda se leven a cabo actividades que non partan deles e sobre todo non lles resulta para nada interesante nin atractivo que a xente se reúna, é moi perigoso que haxa intercambios de opinións e de ideas do tipo que sexan xa que as únicas aceptables son as que coinciden cas dos actuais gobernantes. A cuestión é que o que eles nos ofrecen está entre escaso, mediocre e nulo; polo tanto a certa xente si que lle parece interesante que "a cultura circule" e que sexa "CULTURA SEN CENSURA"

3 Marzo 2007 | 03:49 PM

asociacion-cultural-lucerna

asociacion-cultural-lucerna dijo

Despois de ler o comentario dun tal "megapanadeiro", queríame desculpar co grupo Machina por non engadir tamén o seu enlace, que é www.myspace.com/machinagz. Visitádea. NOn ten perda!!!

3 Marzo 2007 | 04:13 PM

Hilda

Hilda dijo

Vexo q ó final todo avanza... Lucerna xa conta con un blog! Q menos... tamén Cerceda avanza. É de detacar Central Térmica, Sogama, aquapark, revolta das Encrobas... pero tamén anda flotando por ahí un Circuito Galego de Velocidade e tamén nalgún momento Cerceda foi conocida pq os seus "polis" levaban chupas de coiro e patrullaban nun mercedes e incluso se falou de q se iba a contar con un helicóptero... Cerceda é así...
Animo a Lucerna a q siga pelexando por conseguir q a cultura chegue á xente aínda que sinto decepcionar a Chus pero A CULTURA SIN CENSURA hoxe x hoxe é case unha utopía. Aínda así non perdamos as ganas de pelexar por un mundo mellor.

5 Marzo 2007 | 06:34 PM

ZinLizzy

ZinLizzy dijo

Moi bo, moi bo iso dos "heredeiros do Harado". Eu sempre lles chamaba os "heroes do Arado" pero poida que cambie.

5 Marzo 2007 | 08:26 PM

ZinLizzy

ZinLizzy dijo

Uuuuuhiii, cando o escribia xa non me sonaba ben. Rectifico, eran os "Arados do Silencio" (por suposto, en plan coña).

5 Marzo 2007 | 09:18 PM

asociacion-cultural-lucerna

asociacion-cultural-lucerna dijo

Si, é certo, confundinme co nome!!!! Son os "Desesrtores do Arado". Sinto!!!
Pero eu nunca cheguei a escoitalos en directo!!!
É o que ten ser tan xove...j,j!

7 Marzo 2007 | 12:42 PM

belen

belen dijo

NASSER. E Ó VERDADEIRO NOME DO GRUPO QUE COMPUXO A CANCIÓN QUE FAI REFERENCIA A MERDA QUE VEN NO TREN... .E POR SI NON SE SABE, DECIR QUE O NOME NASSER,PERTENCE O APELIDO DUN MILITAR EXIPCIO CHAMADO GAMAL ABDEL NASSER (1918-1970).

12 Mayo 2007 | 06:39 PM

Escribe tu comentario





Sobre mí

Somos os jreñudos, os drojaditos, os terroristas, os rojillos de Cerceda. Eses ós que non lle justa traballar, que tan todo o día fumando cousas raras e escoitando música inescoitable. Somos os axitadores dun pobo morto, dun territorio caciquil. Aquí sejimos, facendo cousas raras, por unha CULTURA SEN CENSURA! contador
contador BlogESfera Directorio de Blogs Hispanos - Agrega tu Blog
directorio de weblogs. bitadir
Rate me on Bloggoggle blogs

Fotos

asociacion-cultural-lucerna todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera