A COCHIKEIRA
Como en Cerceda se está a dar unha "revolución" en torno a esta canción, pareceme oportuno comentalo no blog, xa que atinxe á nosa asociación.
A Cochikeira é o título dunha canción composta por integrantes do grupo cercedense Presencia Cero. Nela critícase abertamente a xestión política do noso concello, que non parece ser a apropiada. O partido que goberna aposta por contruír un Acuapark ou por traer aquí o lixo de toda Galiza, pero deixa de lado a cultura e outros aspectos de infraestruturas que moita xente considera máis importantes.
Ademais, dende fai xa algúns anos está levando a cabo unha "caza de meigas" contra tdos aqueles que non comparten a súa ideoloxía, truncándolles as espectativas cando poden.
Isto é o que acontece con esta canción, que non foi moi ben recibida polos integrantes deste caciquismo que se está levando a cabo.
A Cochikeira é un proxecto que naceu polo verán, da man deste grupo que antes nomeei. Nela trátanse varios temas; dende a contrucción do akuapak, pasando por SOGAMA, ata a mala xestión dos fondos do concello.
Na miña opinión, malia que só escoitei a maqueta, é unha canción moi boa, na que a ritmo de rap de metal se reivindica un cambio radical para Cerceda.
Como a maior parte dos integrantes de PRESENCIA CERO están bastante involucrados na nosa asociación, tememos represarias pola parte do concello contra o noso proxecto de retomar a organización de festivais de música, pero cecáis o tomen como unha crítica constructiva e intenten mellorar algunhas cousas, xa se verá...
Para rematar, gustaríame aludir de forma directa a Martín (voz de Presencia Cero) para dicirlle que non se debe preocupar polo que pensen no concello, que a canción está moi ben e que a liberdade de expresión está para algo, ¿Non si?
¡ QUE SIGA HABENDO MÚSICA EN CERCEDA!






PORCO BRAVO dijo
JAJAJA!!!MOI BO O COMENTARIO!!!AÍNDA QUE TE QUEDACHES CORTA!!!!
TERÍAS QUE EXPLICAR A REPRESIÓN Á QUE NOS VEMOS SOMETIDOS AQUÍ EN CERCEDA!!!
MOITO CACIQUISMO O DE PEPI LEE!!!
O VIDEO ESTÁ MOI BEN, PERO A CONTINUACIÓN TERÍAS QUE POR A DECLARACIÓN DO ALCALDE CANDO, DESPOIS DE Q ZENZAR TOCARAN ESA CANCIÓN NUN FESTIVAL, SE NEGOU A CONCEDERNOS UNHA SUBVENCIÓN PQ DICÍA QUE NON ÍA A AXUDAR A UN FESTIVAL NO Q SE FALABA MAL DO CONCELLO, FOI BRUTAL!!!
U BICO A ADRIANA, E SEGUE ADIANTE!
17 Marzo 2007 | 05:59 PM