Publicidad:
Logo de La Coctelera

Cultura sen Censura!

28 Marzo 2007

UN POUCO DE HISTORIA

A Asociación Cultural Lucerna naceu alá polo ano 89 da man, entre outros, de Bocixa, Toñín, Chema, Xavier "o astrónomo" e, máis tarde, Mila. Todos viven en Cerceda e, como dixo Bocixa "Notábamos en falta unha asociación deste tipo, que nos ofrecera algún tipo de posibilidade a única opción cultural existente no Concello: xogar ó fútbol".
Como xa comentei na contextualización, Ceceda é un pobo no que a música sempre estivo presente entre a xuventude "Cecáis como vía de escape a chegar á casa e que teus pais che estiveran dicindo todo o día que estudaras, que cortaras as ghedellas, que qué ían pensar os veciños...Entón collía a miña guitarra e ía tocar cos meus compañeiros, de risas", comentaba nunha ocasión Pardeiro, un dos fundadores do que moito despois sería Zënzar.
Cecáis foi por este "illamento cultural" polo que os xoves sempre buscaron na música unha vía de escape. Bueno, todo este "rollo" ven a que a asociación creouse, en principio, como pretexto para organizar un festival rock en Cerceda. Grazas á súa creación, estes emprendedores xoves conseguiron subvencións para poder organizalo, cousa que non conseguirían ser esta empresa, xa que no Concello nunca foi ben vista a xente que pensa distinto.
Así foi como en 1989 se organizou o I FESTIVAL ROCK DE CERCEDA, organizado por Lucerna. A experiencia foi tan boa que os seus fundadores decidiron seguilo facendo tódolos anos, ademais de abrirse a novos proxectos. Así chegaron os roteiros de Encrobas ó Monte Xalo,

vista do Monte Xalo

a ruta dos muíños de Queixas e o das furnas a Rodís.

Ademais disto, tamén se fixeron choqueiradas, magostos, San Xoáns e se colaborou con organizacións de festas locais proporcionando contactos ou organizando xornadas de Contacontos e de xogos infantís.

Aínda así, o máis salientable en organización sempre foi o festival que se veu facendo cada verán ata o ano 2002, cando, despois de rematar coas arcas da asociación, decidiuse pospoñelo por un tempo ata contar con forzas e sobre todo con axudas suficientes para poder facelo, falando en termos de diñeiro.

E é que o Concello, según conta Bocixa "só nos daba 100.000ptas para cada festival, e iso que eran dous días e traíamos a grupos coñecidos (Extremoduro, Vantroi...). Despois, deixounos de dar era subvención porque o ano que Zënzar presentou o CD "Todo vai ben" cantou a canción "Cheira Ben" (CHEIRA BEN, CHEIRA BEN, A MERDA QUE VEN NO TREN. CHEIRA MAL, CHEIRA MAL, A POLÍTICA LOCAL, di o refrán). O alcalde saíu dicindo que non nos ía dar máis cartos para que falaramos mal del, así que comezamos a contar só coa subvención da Xunta e a voa vontade de moitos grupos, que por ser coñecidos nosos ou por solidarizarse case non ou non cobraban".

Como o tema dos festivais dá moito do que falar, intentarei recadar información e fotos para poder falarvos máis e mellor de cada un deles.

Tags: asociacion

servido por asociacion-cultural-lucerna sin comentarios compártelo favorito

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario





Sobre mí

Somos os jreñudos, os drojaditos, os terroristas, os rojillos de Cerceda. Eses ós que non lle justa traballar, que tan todo o día fumando cousas raras e escoitando música inescoitable. Somos os axitadores dun pobo morto, dun territorio caciquil. Aquí sejimos, facendo cousas raras, por unha CULTURA SEN CENSURA! contador
contador BlogESfera Directorio de Blogs Hispanos - Agrega tu Blog
directorio de weblogs. bitadir
Rate me on Bloggoggle blogs

Fotos

asociacion-cultural-lucerna todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera