¿QUE PASA NA LOUSA?

Esta é Lola, unha das veciñas da Lousa. ¿De que ten ciscadas as mans? Pois de CARBÓN...
A Lousa está situada a carón da Central Térmica de Meirama, onde se queima o carbón extraído da mina das Encrobas.
Para comezar, xa non é moi razoable que unha central térmica desta embergadura se sitúe ó lado dunha poboación, pero o que está a pasar na Lousa xa é o colmo...
Cecáis para falar da Lousa me debería de remitir primeiro, e de novo, á historia das Encrobas. Como xa comentei noutras ocasións, as Encrobas era unha das parroquias do concello de Cerceda que alá por principios dos 70 se converteu nunha mina, previa expropiación das terras ós veciños.
Este acontecemento, que nun principio semella do máis normal, converteuse nun suceso de repercusión na historia moderna do noso concello, así como dos concellos veciños e do movemento obreiro, que apoiou a causa dos veciños das Encrobas.
Logo dun estudo, os enxeñeiros comezaron a negociar, vía abogados, cos veciños desta parroquia para que venderan as súas terras e casas por unha mísera limosna. Ante a negativa de moitos deles, procedeuse á expropiación á forza, e con ela a Revolta das Encrobas, da que podedes obter información no enlace a Vieiros posto nesta mesma páxina. Nesta revolta, unha revolta labrega, os veciños loitaron contra a Garda Civil pola conservación das súas terras, non sen a axuda de Moncho Valcarce, o CURA DAS ENCROBAS.
A revolta, como era de esperar, rematou con feridos, choros e expropiacións. Paréceme interesante neste punto introducir un video que se pode considerar como o trailer dun documental que Bocixa e demais equipo (desculpádeme, pero agora mesmo non me lembro dos nomes dos demais!!!) están a piques de estrear, no que se fala da Revolta das Encrobas e das súas consecuencias, a través das voces dos veciños afectados.
Pois ben, agora resulta que os veciños da Lousa tamén estorban...
Aínda que xa veñen aturando as consecuencias de vivir a carón dunha central térmica dende a súa inauguración, parece que estas consecuencias se foron multiplicando. Algunhas delas son:
- Ruído dos camións do carbón ó pasar, ademais das grietas que deixan nas estradas e mesmo nas casas, ó que tamén é consecuencia dos barrenos que se botan na mina para a súa explotación.
gretas da casa dun dos veciños
-A contaminación que a central produce e o cerca que eles e as súas colleitas están dela. Exemplos:
Juan, o presidente da asociación de veciños da Lousa, móstranos a grosa e espesa capa de cinzas e restos de carbón que se pode atopar nas cunetas. De fondo vése unha das chemineas da central.

Veciña da Lousa recollendo a súa colleita de repolos. Parecen apetitosos, non...???

Apetitosa auga da que poideron desfrutar uns veciños da mina, provinte do seu pozo.
-A chuvia de cinzas á que xa están acostumbrados, pero que últimamente é máis frecuente e caen "pedrolos" máis grandes.

Recipiente con cinzas recollidas despois dunha choiva.
Por estes e por máis motivos, na primeira quincena do pasado mes os veciños da Lousa decidiron que isto xa era suficiente e decidiron cortar a estrada durante unha tarde, chamar ós medios de comunicación (de feito a maioría das fotos colgadas son sacadas de distintos xornais que falaron sobre o tema), e non volver a calar por medo ás represalias dende o concello.
Veciños da Lousa durante un pleno ordinario no concello, ónde decidiron ir despois da negativa de tódalas institucións a falar con eles da súa situación.
Situación caldeada durante o 2 de febreiro, día no que os veciños decidiron cortar a estrada.
O que resulta máis vergonzoso de todo isto é que o alcalde do concello, supostamente tan concienciado con temas ecolóxicos, non mantivo unha xuntanza cos veciños ata aproximadamente 15 DÍAS DESPOIS, e iso grazas a toda a coacción que exerceron e á difusión mediática do suceso.

En fin, isto é a grandes rasgos o que está a pasar na Lousa. Parece mentira que no concello máis rico orzamentísticamente de toda Galiza, onde se atopa unha planta de reciclaxe á que vai a parar o lixo de media Península (que en realidade-o lixo- vai a parar o vertedoiro ilegal máis grande de Galiza e parte de España), pasen estas cousas.
Xa o din na Cochikeira:
"(...)E QUE AQUÍ EN CERCEDA TODO O MUNDO É FELIZ, MENOS UN PUNTO NEGRO COMA UN MOCO NEGRO NA NARIZ. E ADIVINA, ADIVINANZA, ¿QUEN SE PASA POR ALÍ? TODOS AQUELES QUE PENSAMOS QUE O MUNDO NON TEN PORQUÉ SER ASÍ. NA COCHIKEIRA, AÍNDA QUEDAN CARTOS QUE ROUBAR. NA COCHIKEIRA, AÍNDA QUEDA VERDE QUE MATAR. NA COCHIKEIRA, SE BUSCAN A BIN-LANDEN E AALQAEDA, NON BUSQUES NA COCHIKEIRA, POIS AQUÍ SÓ TEMOS MERDA(...)O PROTOCOLO DE KIOTO, PASÁDELO POLO ESCROTO. JODESTES O ECOSISTEMA REMOVENDO LODO NO FONDO(...)CAMBIÁSTE-LO CURSO DA AUGA, PERO NON DA PASTA, QUE SEGUE ENCARRILADA CARA AS VOSAS ARCAS(...)NA COCHIKEIRA..."

SOLIDARIEDADE COS VECIÑOS DA LOUSA!!!
*Algunhas noticias relacionadas co tema:
-O carbón de Meirama colma a paciencia de A Lousa
-Medio Ambiente mediará entre os veciños de A Lousa e Limeisa







PORCO BRAVO dijo
AI, MENINHA!!!
BEN SE NOTA QUE AÍNDA ES NOVA E IDEALISTA!!!
NESTE CONCELLO DE MERDA NOSO TODO CHEIRA MAL, DENDE A POLÍTICA LOCAL ATA A MERDA QUE VAN QUEIMAR....JE,JE!!!
A VER SE DESPOIS DESTA ÚLTIMA A XENTE SE DÁ CONTA DA MERDA DE CACIQUE SUNORMAL QUE TEMOS COMO ALCALDE E O VOTAN, PER BOTÁNDOO.
LIÑARES CAGOUNA MOITO COS VECIÑOS DA LOUSA E COA OPINIÓN PÚBLICA. SE NON SABE FACER FRONTE A ESTE TIPO DE PROBLEMAS QUE SE XUBILE...OU QUE CONTRIBÚA COA RECICLAXE DE SOGAMA METÉNDOSE NO FORNO!!!
MOI BOAS AS FOTOS E O VIDEO¿CANDO SE ESTREA ESE DOCUMENTAL?
A SEGUIR ADIANTE E FORZA!
12 Abril 2007 | 07:21 PM