Publicidad:
Logo de La Coctelera

Cultura sen Censura!

28 Abril 2007

OS MÁRTIRES DE CARRAL

Coñécense como Mártires de Carral aos militares sublevados en varios lugares de Galiza en 1846 contra o presidente Narváez que foron executados na vila de Carral.
Sendo raíña de España Isabel II, que contaba daquela con 13 anos de idade, o presidente do Goberno Central, o xeneral Narváez, instaurou unha ditadura que provocou enfrentamentos populares. O 2 de abril de 1846 levantouse en Lugo o batallón mandado polo coronel Miguel Solís e Cuetos, disolvendo o Consello Provincial e a Deputación; outras prazas sumáronse nos días seguintes. O 15 de abril contituíuse en Compostela a Xunta Superior do Reino de Galicia, que reclamou as libertades e dereitos que Narváez abolira e un trato máis xusto para Galicia.
O xeneral Narváez enviou tropas baixo o mando do xeneral La Concha para recuperar o territorio. O día 23 comenzou a batalla de Cacheiras entre as tropas de Madrid e as galeguistas de Solís, que foron derrotadas. A grande superioridade das tropas do goberno central fixo inútil a resistencia. As tropas do xeneral Concha entraron en Compostela a saqueo e pillaxe, segundo se lles prometera.
Solís, que se refuxiara en San Martiño Pinario, entregouse aquela mesma tarde. Tres días despois, un xuízo sumarísimo condenouno a morte en Carral. Este xuízo non foi celebrado en Santiago ou na Coruña por medo aos simpatizantes do coronel que había nestas cidades.
Ao serán, o coronel Solís foi levado ao adro da igrexa de Paleo, onde foi fusilado. O comandante Víctor Velasco e dez oficiais mais foron pasados polas armas na Fraga do Rin, a medio camiño entre Carral e Paleo, pois xa anoitecía, e foron enterrados no día seguinte no cemiterio de Paleo. Aínda se poden ver as súas tumbas sen inscrición ningunha. O párroco, quen presenciou o fusilamento, na acta de defunción engadiu: "Espectáculo horroroso. Triste Memoria"...
Dez anos despois , un novo goberno nomearía como "beneméritos da Patria" aos doce fusilados. As Cortes concedéronlles a "Cruz de valor e constancia" e decretaron a erección dun monumento, que non se levou a cabo ata o ano 1904, cando, por iniciativa da Liga Galega da Coruña, erixiuse o actual, que está construído en granito das canteiras de Illó (Pontevedra) e que foi deseñado polo arquitecto lucense Juan Álvarez Mendoza. Pódese ver o escudo de Galicia e unha inscrición que di: "Aos mártires dá liberdade mortos ou 26 de abril de 1846. Liga Galega na Cruña". Este monumento, aínda que non se poida considerar en si un cruceiro, reúne motivación e formas de tal e, ademais, a estrutura da obra ten forma de cruz. Este recordatorio físico sería escenario de varias homenaxes, como a celebrada o 26 de abril de 1931 e da que se conserva unha fotografía na que se ve a Manuel Lugrís Freire dirixíndose aos asistentes.
Segundo conta Murguía, nesa curta primavera de 1846 só aflorou durante 24 días de ilusión e progresismo contra o Goberno de Narváez, que a pesar de dicirse liberal e moderado, tiña na súa contra á mediana e pequena burguesía, a moitos universitarios e bastantes profesionais próximos ó republicanismo. Aquela constituíu a primeira xeración galeguista, formada por persoas que confiaban en que se Solís obtiña éxito sería posible mellorar a situación de Galicia cun xeito distinto de facer política, sen ser unha "colonia da Corte", en palabras de Faraldo.
Fonte: Wikipedia

Tags: cultura

servido por asociacion-cultural-lucerna sin comentarios compártelo favorito

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario





Sobre mí

Somos os jreñudos, os drojaditos, os terroristas, os rojillos de Cerceda. Eses ós que non lle justa traballar, que tan todo o día fumando cousas raras e escoitando música inescoitable. Somos os axitadores dun pobo morto, dun territorio caciquil. Aquí sejimos, facendo cousas raras, por unha CULTURA SEN CENSURA! contador
contador BlogESfera Directorio de Blogs Hispanos - Agrega tu Blog
directorio de weblogs. bitadir
Rate me on Bloggoggle blogs

Fotos

asociacion-cultural-lucerna todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera