Publicidad:
Logo de La Coctelera

Cultura sen Censura!

30 Abril 2007

IMOS DE ESTRENO!!!

Para nós é un verdadeiro pracer convidarvos ó estreo do documental AS ENCROBAS: A CEO ABERTO, o día 12 de maio ás 19:30 horas no auditorio de Cerceda.

PARA ACUDIR É NECESARIO POÑERSE EN CONTACTO CON BOCIXA OU COÑECIDOS PARA RESERVAR SITIO.

Este documental, cuxa idea orixinal recae sobre Bocixa , compoñente da nosa asociación, vocalista de Zënzar e ex veciño das Encrobas, mostra a cara máis dura do sucedido: o que está a acontecer na vida deses centos de veciños que tiveron que abandonar- algúns á forza- as ´suas vivendas, 33 anos despois.

A través dos testimonios de Manolo do Pumariño ou do Costiñán, entre outros- cito estes dous por ser considerados os encabezantes da revolta- cóntasenos cómo esta xente viviu as expropiacións, as manifestacións e a revelión en época de represión.

O interesante é que ademais diso tamén deixa ver cómo esta xente vive agora, ónde e con quén...Disto pódese sacar un factor común: todos botan de menos a súa casa nas Encrobas e voltarían alí se poidesen retroceder no tempo.

Gustaríame rematar cunha cita sacada dun dos testimonios que di así:

A xente marchou para Carral,
pero aínda di "Eu son de Encrobas".

A xente marchou para a Laracha,
pero aínda segue dicindo "Eu son de Encrobas".

A xente marchou para A Coruña,
pero di: "Eu son de Encrobas".

E que todos somos de Encrobas,
aínda que Encrobas xa non exista.

*Podedes ver o video promocional no post ¿QUE PASA NA LOUSA?

ANIMADEVOS A VIR!!!

Tags: cultura

servido por asociacion-cultural-lucerna 3 comentarios compártelo favorito

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Botana

Botana dijo

Pois xa tiña ganas de q saira a luz para porder velo.
Deixo aqui un manifesto de ADEGA q atopei sobre o problema das Encrobas
http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=4...

1 Mayo 2007 | 12:52 AM

PORCO BRAVO

PORCO BRAVO dijo

E como hai que facer pa ir???
Hai que reservar sitio ou que???
Xa eran horas de que alguén fixera algo!!!
Saúde

2 Mayo 2007 | 10:37 AM

asociacion-cultural-lucerna

asociacion-cultural-lucerna dijo

Para ir hai que poñerse en contacto con algún dos organizadores do evento e reservar sitio. Ademais despois da proxección vai haber unha cea no restaurante O Panadeiro, para o que tamén hai que reservar (por suposto, cada ún paga a súa cea)

2 Mayo 2007 | 08:52 PM

Escribe tu comentario





Sobre mí

Somos os jreñudos, os drojaditos, os terroristas, os rojillos de Cerceda. Eses ós que non lle justa traballar, que tan todo o día fumando cousas raras e escoitando música inescoitable. Somos os axitadores dun pobo morto, dun territorio caciquil. Aquí sejimos, facendo cousas raras, por unha CULTURA SEN CENSURA! contador
contador BlogESfera Directorio de Blogs Hispanos - Agrega tu Blog
directorio de weblogs. bitadir
Rate me on Bloggoggle blogs

Fotos

asociacion-cultural-lucerna todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera