Publicidad:
Logo de La Coctelera

Cultura sen Censura!

2 Junio 2007

ESTRELAS MENUDAS, ¿UN ACTO CULTURAL?

Comezo este post formulando unha pregunta que intentaremos ir solventando pouco a pouco...

O mesmo alcalde de Cerceda, dixo no seu mítin que Estrelas Menudas era o acto cultural máis grande do concello e dos arredores; como resposta- entre outras demandas- á Cochikeira, na que a letra dí "(...)non mo tomedes a mal, pero eu non mandaría ó meu fillo a Estrelas Menudas a facer o subnormal(...)".

Se lestes o post da Cochikeira, xa saberedes a polémica que se formou en torno a esta letriña, que, na miña opinión, non ten nada de malo, a non ser que llo queiras buscar...Non creo que os seus intérpretes pensasen en ningún momento en chamarlles subnormais ós rapaces de Cerceda, pero como cada un entende o que quere...

Pero, sen desviarnos do tema, o caso é que, parece ser que o evento cultural máis sobresaínte deste noso concello é unha copia do programa de Bertín Osborne- Lluvia de Estrellas, creo lembrar- no que os rapaces se disfrazan de grandes "estrelas da música internacional"- tomando a definición que daría dos imitados os 40 Principales- e fan un playback e unha coreografía que lles ensinan......¿É ISO CULTURA?

POIS EU NON LLA ATOPO, E VOS? Como dixo Nitram Zero nun comentario, ¿non sería mellor que eles mesmos fixeran algo máis creativo?

É bastante alarmante que invistan case todo- por non dicir todo- o orzamento de cultura nun acto de tal "calibre" e que asociacións como a nosa, cun gran festival de música entre mans, se quede " a velas vir" cunha porcentaxe de subvención mínima e ridícula.

En fin, creo que o mellor vai ser calar, xa que parece que entre a xente hai moito defensor de tal "evento cultural". ëche ben penoso que o mesmo alcalde abogue por manter a ignorancia no seu concello, senón mirade na súa páxina a magnífica oferta de cultura que se nos ofrece....

Mentres tando, nós seguimos e seguiremos eiquí, LOITANDO POR UNHA CULTURA SEN CENSURA, diga o que diga Liñares e os seus secuaces.

A nosa cabeza é nosa, e usámola como nos dá a gana, non como nos dí ese energúmeno!

Espero que os raparigos que participan en Estrelas Menudas se den conta algún día de que non se trata dun acto cultural, senón dun acto absurdo co que hai que rematar dunha vez.

A CULTURA NON TEN NADA QUE VER COA APOLOXÍA ÁS GRANDES INDUSTRIAS MSICAIS MULTINACIONAIS, nin con meterllo ós rapaces de Cerceda dende pequenos por vena a base de "cenitas" e vestiario- que agasallan, polo menos ó "coro", cada ano, cos cartos dos impostos de todos-, dende logo, non pasará vergonza dicindo esas cousas???

E SE É TAN CULTURAL, PARA O ANO, QUE VAIA CANTAR TAMÉN O ALCALDE!

Tags: incultura

servido por asociacion-cultural-lucerna 34 comentarios compártelo favorito

34 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Estrelado

Estrelado dijo

En primeiro lugar, felicitar a esta rapaza por levar adiante esta iniciativa.

Entrando xa en materia, este comentario paréceme totalmente inapropiado, pois está claro que Estrelas Menudas é un acto cultural e que ten moito éxito dentro e fóra do noso concello.
Paréceme aberrante que se digan estas cousas do concello, da súa formación e dos actos que organiza, e máis comparándoos cunha asociación que leva medio morta dende fai uns anos e que nunca tivo moito éxito nas súas actividades.
Se a xente de Cerceda prefire este certame ós vosos concertos por algo será, non?

Espero que estas hostilidades rematen pronto.

Xa me esquecía. En canto á cancionciña esa, a verdade é que non sei quen a escribiu, pero creo recordar que tanto un dos que a cantan como a rapaza que escribe este blog participaron neste concurso, así que non sei que critican...
Nada máis.

2 Junio 2007 | 07:57 PM

Botana

Botana dijo

Boas

Quero entrar neste tema xq levo indo de coro estes dous anos e para q mentir, CULTURAL non ten nada de nada, e q é un acto politico para gañarse os votos das nais para q vexan aos seus fillos moverse un pouco, pois tamén...

Pero tamén hai q ter en conta q a xente q alí vai pasao de puta madre e hai moi bo rollo, e a xente q o organiza esta perdendo tempo da súa vida e as veces pasaando mal so para q saia ben todo, é teño q dicir q o vin q é moitismo choio. Entón non hai q criticar e tomalo con estrelas asi desta maneira, q vale, q o Liñares podia gastar os cartos noutra cousa, se eu prefiro un bo concerto de verán q o cochinillo. Eq os rapaces de cerceda poucas alternativas teñen para pasar a tarde, o concello é case o unico q organiza para eles, o resto é toda unha campaña de e para vellos.

3 Junio 2007 | 04:17 AM

asociacion-cultural-lucerna

asociacion-cultural-lucerna dijo

Creo que me toca rectificar

En primeiro lugar, a Estrelado, só dicirlle que me parece que non fai falla atacar persoalmente a xente. Ademais, hai que informarse mellor!
Eu nunca participei nese "acto cultural" e creo que o rapaz ó que te refires tampouco, senón que tocou EN DIRECTO CO GRUPO DO QUE FORMABA PARTE POR AQUELAS, NON IMITOU A NINGUÉN. Polo demais, non vou falar, espero que os demais membros desta asociación che contesten...

A Botana dicirlle que non pretendía atacar a quen participa, cada ún pode facer o que queira. Non dubido que a xente que participa traballe moito nin que non o pasedes ben, só que non me parece xusto que sexa o único acto cultural de Cerceda.

O que está claro é que os rapaces tampouco buscan outras formas alternativas de divertirse, pois aínda que o Concello non as facilite poden buscarse por outras vías...

Por agora, nada máis. Só quero que quede claro que non estou chamando subnormal a que partcipa, non vaia a ser que volvamos de novo con esa polémica...

3 Junio 2007 | 06:10 PM

eu si ke tou estrelao

eu si ke tou estrelao dijo

clin clin clin !!! abrese o debate,, ¿sera este o post ke supere o da kochikeira kos seus 19 comentarios??? igual este non da para mandarse pedras uns os outros! eke o anonimato e un dos mellores aliados do internet.. unha primeira anotación eke en "menudas estrellas" de bertin osborne chamado na intro "lluvia de estrellas" POLO MENOS, CANTABAN OS NENOS .
de segundo kero dicer ke se a asociaciom estivo morta foi porque dende o concello nunca houbo nen parece ke habera un apoio claro a esas persoas,que sendo dun partido ou doutro, pretendan facer algo novo,distinto,fresco polo simple feito de ken estan nos altos cargos nunka se lle ocorrerá na vida facelo, e eso fodelles, e tamen lle falta eso polo ke lle pagamos un salario, CULTURA. Mais cartos para a xente da rua ke eles son os portadores do virus chamado cultura e menos para os MITINS ELECTO-MUSICAIS como "estrelas menudas", ke komo dixo Botana e eu non diskuto,, e un evento de moito traballo, pois eso!! traballo e non cartos , traballo de tod@s polo ben de tod@s e o ke fai falta e non cambiarme a chaketa porque ma regalan por ir bailar ou "cantar".
E creo ke vou ir acabando porque kando empezo a largar vai pa largo!! unha contestacion mais para quen abriu os comentarios, Estrelado. komo se nota que nunka acudiches a un concerto feito en Cerceda ou en caso contrario fas coma a benemerita e contas de menos nas manifas.. Nos somolos borrachos, os drogados, os punkis e o rapados, os rapeiros e os mafiosos, os ke non se lavan nen traballan.... non somos esa XENTE que vai a EM nen a actuar nen a velo, pero ti podes vir vernos e a disfrutar cando keiras sempre e cando non convirtas o festival nun evento tan CHACHI PIRULI como e estrelas menudas.

3 Junio 2007 | 07:31 PM

Botana

Botana dijo

Contestolle a creadora do blog, eu nunca m din x aludido no de subnormal, imxtame pouco o q pensen os demais de min,eso para empezar.

O de Estrelas menudas a un rapaz d 6 anos imxtalle merda se baila shakira ou os herdeiros da crus, q sabra el o q é comercial?, dalle igual, aparte, os rapaces q ali bailan elixen a sua cancion, penso eu. Os gustos de musica nn se forman a idades tan baixas, a min gustaronme os Ruxe aos 14 ou asi, e antes escoitaba d todo, q saberia eu? Os unicos q poden ter algo de culpa de ir somos os dos coros ou os mais grandes q bailan, pero total, eu sei moi ben a quen vou votar kando poida, nn m da nada na cabeza.

E Lucerna penso q se ten q gañar a xuventude, saindo mais a palestra, estes ultimos anos tuvo asi media parada, pero q eu sepa, da miña idade, poucos rapaces saben deste blog ou desta asociacion incluso. Aer se neste festival atraedes a xente nova e ensinadeslles q hai cultura tamén en idioma galego

3 Junio 2007 | 10:34 PM

MINHA XOIA

MINHA XOIA dijo

BUENO, BUENO...!
HAI Q CALMARSE UN POUCO!
NON CREO Q ESTA RAPARIJA PRETENDESE DESPRESTIXIAR ÓS Q VAN A ESTRELAS MENUDAS NEN, MOITO MENOS, OS RAPACES, É VERDADE, Q SABERÁN ELES???
EU MESMA ME SORPRENDO Ó VER AS MINHAS CINTAS DAS SPICE GIRLS DE CANDO TIÑA 7 ANOS!!!
O Q PASA É Q, CREO, A ESTA RAPARIJA FÓDELLE Q O CONCELLO SE JASTE TODO O PRESUPOSTO NESTE "ACTO CULTURAL" E SE OLVIDE DA CULTURA O RESTO DO ANO.

*ÚLTIMAS NOVAS: CORRE O RUMOR DE Q UNHA PRODUTORA LLE FOI A PEPI LEE CO CONTO DE FACER UN FESTIVAL POLA DATA NA Q NOS TEMOS PREVISTO A ORJANISAR Ó NOSO....SERÁ CAPAS DE FODERNOS E APOKINAR PA UN FESTIVAL Q LLE VENHEN OFRESER UNS ESTRANXEIROS E A NÓS DEIXARNOS A VELAS-VIR E SEN XENTE...???

HABERÁ Q ESPERAR.

MENTRES TANTO, PODEMOS SEJIR BERRANDO

LIÑARES, DAS PENA, DÉIXATE MELENA!!!

brutal!

4 Junio 2007 | 07:14 PM

O Moucho

O Moucho dijo

LIÑARES, DAS PENA, DÉIXATE MELENA!!!

JAAJAJAJAJAJAJAJAJAJAjaj

5 Junio 2007 | 04:12 PM

Pitufinha

Pitufinha dijo

Hai como ta a xente!! Sendo realistas, parecevos que o grupo ese "lucerna" quen nin os de Cerceda o conocemos vai chegar a algun lado?? Sincerisimamente ta claro ke non!! E deixade de dicir cousas absurdas hacia o noso alcalde que se gaña é por algo. E vos drogadictos, cochos, bagos. . . Ide buscando traballo que deste grupo non ides vivir ou polo menos en Cerceda non!! Os de Estrelas Menudas vamos a pasar de todo xk ven sabedes que nos nosos festivales hai moitisima xente e pasamolo todos moi ben. Botana douche toda a razón. Nos pasamolo moi ben nos ensaios e este acto cultural é moi bo!!!!!! E outra cousiña o alcalde inviste os cartos onde lle dea a gana!

25 Junio 2007 | 03:34 PM

ADRIANA- por unha censura á Pitufinha!!!

ADRIANA- por unha censura á Pitufinha!!! dijo

Bueno, desta vez comento coa cara descuberta, non coma outr@as...

Primeiro, que quede claro que aínda que eu son a autora deste blog corporativo neste comentario estou a expresar a miña opinión.

Segundo, espero que o da PITUFINHA sexa unha broma de alguén coñecido para toca-los collóns e rirnos todos un pouco.

Aínda así, sería unha pena- polo menos para min- non contestar a este estupendísia demostración da ignorancia e pouca educación que ten a xente deste noso queridísimo e noxento-literalmente(SoOGAMA, pitufiñas jordas, Pegys, aspirantes a Jackie Kennedy, universitarios por vinte anos que se botan 26,...).

Ben, xa estou rabeando, q era o q se pretendía con este comentario. Vou logo enumerar unha serie de anotacións:

1-nós polo menos non lla imos mamar ó alcalde cada vez que queremos aljo- aínda q sexa para q nos dé un posto escollendo merrrda...

2-coñécenos moita xente, e xente de fóra de aquí, e non por seres o maior vertedoiro incontrolado de M-E-R-D-A, como a este noso queridísimo Concello.

3-non vos chuleedes tanto de "festivales", pq:
A)nin q fixerades tantos, minha
B)cos orzamentos q vos da Lee calquera fai un festival "multitudinario"
C)o éxito dun festival non se mide pola cantidade de xente q acuda a el ;./

4- paréceme q hai q ter moi pouca educación para irromper desta maneira nunha páxina- SEXA CAL SEXA- e faltar a esta xente- que tamén temos familia!!!- desta maneira.

5- unha absurda COCHA TI, CARALHO-perdón polo vocabulario, xro e q...

6- como rapaza de Cerceda, dáme vergoña e noxo a partes iguai o noso concello e a súa oferta cultural...COOMEDE COCHO, COMEDE, Q "DE LO Q SE COME SE CRÍA" E A TODO PORCO LLE CHEGA O SEU SAN MARTIÑO...

7- non somos bajos, nin incultos, nin ladróns, nin uns impresentables.

8- non vos quito o esforzo q realizades para faceres cada ano Estrelas Menudas, pero, como cada persoa é libre de pensamento- dino os DEREITOS HUMANS, por moito q Lee o queira negar...- eu penso q é UNHA PUTA MERDA.

9- q sepas q o do Festival segue adiante, e q ides levar outro berrinche coma o das eleccións cando vexades o ben q o pasamos tanto organizándoo como desfrutándoo

En fin, xa me despachei.

Agora tócame pedir perdón por dicir tantos xuramentos- e os q me calei- e pola mala redacción desta bronca, xro é q estou moi, moi, moi adoecida con esta xente jilipollas q hai x aquí.

AVANTE LUCERNA, POR UNHA CULTURA SEN CENSURA!!!!

LIXIVIA ÓS PITUFOSSS!!!

25 Junio 2007 | 05:20 PM

Botana

Botana dijo

Pitufinha, creo eu q non fai falla andar insultando a xente so xq espoñan as súas ideas, seguindo o talante do teu querido alcalde, deberías falar con educación respetando as ideas dos demáis (JA JA JA). Esta xente é a única q eu sepa q polo menos expoñen unhas ideas contrarias, q expoñen os problemas q en cerceda hai, e q ensenñannos q hai unha cultura propia máis rica q as festas para os vellos.

Tamén,
Nos ensaios pasarémolo moi ben e todo o q queiras, e sigo defendendo estrelas menudas como acto para pasar o tempo, pero sigo dicindo que de acto CULTURAL non ten nada e Pepi Lee fai o que quere da xente, ríndose nos plenos dos demáis partidos a hora de votar. SE EL GAÑA É XQ A XENTE NON SABE Q OUTRA CERCEDA SERÍA POSIBEL.

ÁNIMOS A LUCERNA! AGARDO O VOSO FESTIVAL! POR UNHA CULTURA NON COMERCIAL E SEN CENSURA!!!

26 Junio 2007 | 12:06 AM

Pitufinha

Pitufinha dijo

Jajajajajajajajajajajajajajajajajaja
Adriana : Se falas tan mal do noso alcalde e todo o que hai en Cerceda é unha "merda" como ti dis. . . MARCHA DE CERCEDA!!!!!!!!!!!!!!
Se non estades dacordo ca política e co que temos en Cerceda larjadevos todos de aquí que xente coma vos en Cerceda non fai falla.
E despois creedesvos moitos se vos mismos vos chamades drojadictos, os que non traballan, os que non se laban, os que tan seguindo fumando porros. . . VEÑA OH!!!
E ti Botana non entendo pa que vas a Estrelas Menudas nin pa que ves pa Cerceda os fins de Semana e polas vacacións porque según vos o único que ai en cerceda é MERDA.

26 Junio 2007 | 06:06 PM

Lito

Lito dijo

ESTA PÁGINA ME PARECE UNA AUTENTICA MIERDA
QUIEN LA HIZO??

26 Junio 2007 | 06:09 PM

Botana

Botana dijo

A verdadeira merda non está nos montes, nin nas fragas, nin nos prados de Cerceda, ESTÁ NO CONCELLO!

E xq vou a Cerceda? Vou xq é a terra de onde son, pese a quen lle pese (non creo q lle pese a nadie) e xq m da a gana, non teño q dar explicacións.

26 Junio 2007 | 09:08 PM

Adriana

Adriana dijo

Lito e puta Pitufina, se sejides así, só me queda cortarvos os comentarios, é dicir, censurarvos como vos nos censurades a nós.
Pitufina, eu non marcho de Cerceda pq non me sae da cona, pq eu nacín aquí, e como dixo Botana a merda está no Concello, xro espero q x pouco tempo, senón é x vía democrática sempre queda queimalo cando estén dentro tódolos incompetentes.

Bueno, iso, q se non vos gusta a páxina, larjade, non tokedes máis os collóns, pq estades creando un mal rollo q akí non fai falla.
Ah! a páxina fíxena eu, sei q non é unha marabilla xro tampouco é unha merda...

se non che justa proba ti a facer aljo, pq se non fas nada, mamalón, non sei q criticas.

SOMOS A PARTE BOA DE CERCEDA!!!

27 Junio 2007 | 12:25 PM

Chus

Chus dijo

Vaia, vaia! As novas xuventudes están que arden! A min sempre me explicaron que non hai mellor desprecio que non facer aprecio... a verdade e que deso daste conta co paso dos anos e a comentarios incoherentes coma os que se veñen facendo neste post (incoherentes xa dende "se non che gusta Cerceda vaite" o que se lle pode dicir "se non che gusta este blog ou o que se publica nel, vaite. Máis sinxelo que deixar o sitio no que vives, non?") o que hai que facer e poñer o chuvasqueiro e que resbale... Non merecen nin resposta e dende logo non merece a pena poñerse a altura da xente que só deixa opinar e dicir o que lle gusta escoitar, por supusto ¡teñen un grave problema! Un consello: SENTIDIÑO, TOLERANCIA, LIBERDADE (tamén de expresión) E CULTURA SEN CENSURA!!!

27 Junio 2007 | 12:45 PM

Pitufinha

Pitufinha dijo

Que poñades a parir así a política deste concello e o Alcalde pareceme moi inoportuno xa ke o alcalde e o concello lle esta dando traballo a todos os vosos pais e sekadra algun ainda a ter ke ir a onda Liñares pa atopar traballo. . .

27 Junio 2007 | 03:29 PM

Un cercedense interesado polo que pasa

Un cercedense interesado polo que pasa dijo

Alguén me pode explicar cales son os obxetivos desta asociación de Cerceda??
Quen forma parte dela?

27 Junio 2007 | 03:37 PM

o do Arroio

o do Arroio dijo

Vaia, vaia, vaia...
A verdade é que xa me dixeron que tiña que ver este blog, pero quedei un pouco, por non dicir apanpado de todo cando acabei de ler todos os comentarios. Asía que sen máis, vou expoñer as miñas opinións-conclusións.
1. Penso que estrelas menudas non comezou como unha estratexia política (aínda que non o podo asegurar totalmente, porque foi fai tantos anos que eu non me enteraba moi ben da política local), pero de todos xeitos acho que o certame foi adquirindo un caracter político, e está claro que foi o concello quen decidiu apropiarse del para facer o de sempre... un estudo "votacional"
2.Tou de acordo en que non debe ser o único acto cultural do noso concello, e está máis que claro en que os cartos que se lle dan a estrelas menudas e os que se lle deixan de dar ao festival da asociación lucerna é debido á opción política d@s seus/súas organizadores/as.
3.Por suposto que nos ensaios se pasa ben e todo iso, e penso que estes últimos anos @s coros viñan máis ben por obrigación, ou polo menos eu falo no meu caso, xa que viña porque me parecía unha putada non apoiar a xente que pasa tanto traballo. E moitas veces non gustaba de estar alí, xa que as cancións eran unha bosta moi ghrande de vaca, e tampouco gustaba de ver por alí a algunhas representantes do concello pintando a mona, facendo que traballaban e moitas veces dando a vara, ou incluso mirándote mal!
Pasamos agora ao apartado dos comentarios. E paréceme que Pitufinha ten unha venda nos ollos tan tan grande e tan tan negra que nin ela mesma sabe que é, porque a verdade, non me fodas, pero penso que es ti a que non coñeces o teu concello, es ti a mal educada, es ti a ignorante... E penso que igual que ao igual que a maioría de xente do concello, que non sei se é que non quere abrir os ollos ou que é parva! Pero xa se ve perfectamente n@s representantes que a poboación cercedense escolleu. Tan só tres dos concelleiros do psoe teñen estudos universitários, mentres que os tres do BNG cursaron unha carreira. E non entendo como nunha poboación duns 5.000 habitantes, tan só unha pequena minoría decide darlle o seu voto a un fato de incultos extorsionadores. Non quero dicir con isto que eu sexa moi culto e mellor que eles, refírome a que se decides presentarte a un posto no que tes que representar aos teus veciños e ás túas veciñas, pois digo eu que terás que ter uns coñecementos, senón non sei para que te presentas!!!
Pero veña, deixémolo que penso que xa me estendín bastante.
Que nada, que hai que cambiar Cerceda, que a pesares que actualmente me parece unha merda, no fondo, gusto moito del.
Ah, e Pitufiña, non entendo como podes tachar á xente dunha determinada opción política como o nacionalismo de porreros, larcháns etc., xa que sodes vós, @s que andades tirad@s por Ordes adiante, sen saber o que tomastes en realidade, esnifando calquera cousa... Así que o mellor sería que te mirases ao espello...
CERCEDA CEIVE, O PODER É DO POVO!!!

29 Junio 2007 | 06:39 PM

Popeye

Popeye dijo

Non vou explicar como, pero de repente aterricei neste blog. Parabéns a Lucerna ou a quen queira que o fixera, por outro lado quedei sorprendido de ler todas as "maravillas" que aquí se escribiron porque está claro que hai polo menos dous bandos: o de Lucerna e os que apoian ó governo local. Non entendo moi ben que ten que ver unha cousa coa outra porque ó meu modo de ver que un concello estea governado por unha opción política non quita que apoie a cultura que se trate de facer chegar á xente dende un grupo ou asociación sexa cal sexa a opción política dos seus integrantes. Por outro lado, quedo alucinado polo que nos conta esa pitufinha porque o dos insultos creo que ten que ver co modo de iniciar o blog donde di "Somos os jreñudos, os drojaditos, os terroristas, os rojillos de Cerceda. Eses ós que non lle justa traballar, que tan todo o día fumando cousas raras e escoitando música inescoitable. Somos os axitadores dun pobo morto, dun territorio caciquil. Aquí sejimos, facendo cousas raras, por unha CULTURA SEN CENSURA!" entón eu diríalle que se culturice un pouco, que colla un diccionario e que busque "SARCASMO" ou "IRONIA". Os de Lucerna non serán lumbreras pero tampouco serán tan parvos como para insultarse a sí mesmos pero esas lindezas sí que xa eu as teño escoitado por ahí en bocas alleas a Lucerna. Un pouco de respeto, por favor.

29 Junio 2007 | 08:08 PM

Popeye

Popeye dijo

Voume atrever a contestar a es@ " cercedense interesado polo tema" que pregunta polos obxetivos de Lucerna. Ó meu entender o obxetivo de Lucerna e facerlle chegar á xente a cultura que dende outros organismos se lles oculta ou simplemente non se fai chegar. Cal é problema? Que alguns pensan que Lucerna "es la hostia en verso" e que se quere cargar ós governantes deste concello.

29 Junio 2007 | 08:15 PM

asociacion-cultural-lucerna

asociacion-cultural-lucerna dijo

Como ben dixo Popeye, Lucerna é unha asociación que pretende achegar a cultura a todos, facéndolle entender- sobre todo nun concello como o noso- que hai máis cultura que esta.

Traballamos para todos os que estén interesados en aprender e experimentar cousas novas que a poidan enriquecer.

Problema: tamén temos vida, estudos, traballos,... e non podemos adicarlle todo o tempo que se merece, ademais de que non contamos cos medios suficientes para realizar unha difusión tal como a que reclama Pitufinha, que ven dicindo que "solo la gente chunga de Cerceda y arredores conoce esta asociación de porreros", pero bueno, por agora vainos ben, estamos a organizxar unha festa para setembro- a que esperamos que veñades!- e a xente que ven colaborando coa asociación en calquera aspecto parece contenta.

En fin, facemos o que podemos.- e o que nos deixan- pero básicamente intentamos difundir un pouco de cultura para quen queira participar e interactuar, pero DE BALDE, eh, Pitufinha- eses 3$ aprox. que hai que pajar por entrar no macro acto cultural- para quen queira.

Todos soden benvidos se estades dispostos a aprender e colaborar connosco, así como as vosas ideas, podedes suxerir calquera cousa que vos parecería ben facer, propor novos proxectos,...

Ben, non sei se me expliquei ben, pero, ISTO É LUCERNA, BENVID@S...

30 Junio 2007 | 12:53 PM

Pitufinha

Pitufinha dijo

Os 2 euros que se pagan para entrar en Estrelas Menudas van destinado a nenos do terceiro mundo que non teñen medios suficientes para realizar as súas necesidades.
E grazas, agora xa sei algo máis do que é Lucerna e secadra ainda vou a festa esa . . . JEJEJEJEJEJEJE

2 Julio 2007 | 11:24 PM

MINHA XOIA

MINHA XOIA dijo

BUENO, BUENO, PITUFINHA...AÍNDA NON CHE CAERON AS RELHAS DE VERJONZA X TODAS AS BARBARIDADES Q DIXECHES???

Q EN ESTRELAS MENUDAS OS 2€ Q COBRAN VAN PARA FINS HUMANITARIAS??? DUBÍDOO MOITO, XRO EN TODO CASO LUCERNA NON TEN OS MESMOS ORZAMENTOS Q O CONCELLO PARA PODER FACER ESAS OBRAS- Q NOS GUSTARÍA- E TODO O Q GAÑAMOS- Q É POUCO- EN REALIDADE PRECISÁMOLO PARA SUBSISTIR...VELAÍ A DIFERENZA IRREMEDIÁBEL ENTRE DÚAS SITUACIÓNS INCOMPARABÉIS...

POR OUTRA BANDA, ESPERAMOS Q VEÑAS, POR SUPOSTO, Ó FESTIVAL Q ESTAMOS A ORGANIZAR E TE ENTERES DUNHA VEZ DE Q HAI MÁIS MANEIRAS DE VE-LA CULTURA E O MUNDO EN XERAL...

AGARDÁMOSTE TAMTO A TI COMO A TODO O MUNDO Q SE ANIME A VIR, Q NÓS NOM DESPRECIAMOS NEM PONHEMOS MALA CARA A NINGUÉN...

ANÍMATE E TRÁETE ÓS TEUS COLEGAS...

POR UNHA CULTURA SEN CENSURA!!!

4 Julio 2007 | 12:08 AM

NiTRaM_ZeRo (si,si,o da canción da cochikeira xD)

NiTRaM_ZeRo (si,si,o da canción da cochikeira xD) dijo

Jujujujuju! Xa ch facía tempo que non entraba por aquí, xa ves, e que os drojadictos estudiamos unha carreira, e flipa, que ata nos vai ben xD pero sacrificamos parte do noso tempo libre para iso e non queda tempo a andar falando mal nos blogs sen decir quen eres e todo eso, as escondidas. No meu caso Pitufinha, eu apenas volvo por cerceda 5 días ó mes, porque me quedou claro que se queres chegar a facer algo ou a ser algo ai que marchar de ahí, porque ó máximo que aspiras é a un posto clasificando merda, que ademáis ch poden quitar en calquera momento que ó señorito lle pete, e o que conto é verdade, pois pasoulle a xente moi achegada a min, así que informarse un pouquiño antes de falar ... Para o estrelado ese do principio, eu fun un ano que nos pediron unha actuación en DIRECTO en estrelas menudas, pero sempre me neguei a participar, xa que prefiro tocar co meu grupo e que me escoiten catro gatos porque polo menos síntome de puta nai cando o fago. O de sunormais na canción quedou máis que explicado, así que non o vou volver a contar, e bueno, pouco máis ... que os rapaces o pasan de puta nai, e que sobre todo Estibaliz fai un esforzo incrible por sacar eso adiante non o nego, e desde aquí os meus parabéns sobre todo para ela, porque mira que lle ten doido a cabeza co asunto, como nos ten doido a nós co festival para o que temos moita menos axuda e sacámolo adiante como podemos, porque a pesar de ser tan descoñecidos como din por ahí ai un montón de xente disposta a botar unha man, e polo menos a min, sempre me preguntan se facemos festival este ano, así que non sei por que será eh.
Pois aí queda eso, e xa tiña algo pensado, e visto o evidente creo que igual ai que sacar unha segunda parte da cochikeira, porque quedar ainda quedan moitas cousas por contar deste pobo tan peculiar...

Saudos a tod@s!!!

4 Julio 2007 | 12:25 PM

Linhares

Linhares dijo

asi me justa ke axa jerra no meu concello!(modo ironico)
revosamos kultura por todos lados!(modo ironico)
vouvos dar moitos kartos pro festival! (modo ironikisimo)

jejeje

AVANTE LUCERNA!!!

4 Julio 2007 | 10:46 PM

Pepe Lee

Pepe Lee dijo

Xa me estades tocando os collóns! A ver se empezamos a tomar as cousas en serio dunha puta ves! Pa empezar, o jraciosillo ese que se fai pasar por min, ó Linhares. vaille vir a vista... estouno esperando que me veña pedir traballo: A ese vouno mandar a lamberlle o cú ás vacas-tolas ou se prefiere a chuparlle nas ubres, mecago na leite que mamou! E jústame que haxa jerra cando eu queira jerra e nada de tono irónico co de que revosamos cultura: rebosamos cultura e cartos! (Revosamos é con v ou con b?) e a Lucerna secadra aínda lles dou mais que cartos, estou esperando que Pitufina me traia uns informes... Así que menos coñas que tades nun concello que xa podedes bater cos pés no cu de contentos: un concello ben jobernado, rebosante de cultura, rebosante de democracia, rebosante de mer..., ejem, ejem, de medio ambiente saudable e sobre todo con un parque acuático que é a envidia de toda a comarca, que dijo? De toda a provincia!
CERCEDA: UNA, SOLA Y LIBRE!

4 Julio 2007 | 11:02 PM

lucia

lucia dijo

por certo, sabedes q dias podo ir ao parque acuatico sen resrvar entrada
Ageadecevos que me digaes horarios
arreglade

5 Julio 2007 | 05:25 PM

Yenisonrisa

Yenisonrisa dijo

Vaia, alguén entrou no blog sin intención de insultar! A pesares de que eu lle recomendaria a Lucia a opción de praia está ben que queira probar a ver que tal o parque acuático, xa nos contarás Lucia (bueno, eso si queres) eu non estou completamente segura pero creo que abren sobre as 11:30 ata ás 20:00 tódolos días e non tes que reservar a non ser que veñas con un grupo moi grande tipo excursión con autobuses. A disssssssfrutar e coidado co sol.

9 Julio 2007 | 10:59 AM

eu

eu dijo

LÑARES, DAS PENA, DEXATE MELENAAA!!!

11 Julio 2007 | 12:02 PM

javarito

javarito dijo

Boas a tod@s, eu solo veño para decir uns pequenos comentarios.

Para empezar, decirvos q EM (Estrelas Menudas) nunca empezou cn un fin político, eu estuben na organizacion e intentamos facer algo distinto para os NENOS(nn para o alcale), algo q tiña moita aceptación e nos gustaba, e buscamosnos a vida como poidemos, q sepades q ó principio nadie nos apoiaba, nin o alcalde, solo Begoña e q eu acorde o alcalde solo veu 1 vez entregar os premios, algo co q non tuben dacordo nese momento nin estou ahora pq era algo noso e de nadie +, pero eu nn kero entrar en temas politicos como se esta entrando aki, ou saber cal é o q ten + cultura,pq se esta é a "cultura" q se intenta difundir, prefiero ser deficiente, pq aki o único q se escribe son insultos de uns a outros, todo x politica.

Solo viña para falar de EM, eu nunca o califikei como un acto cultural ou nn cultural, calificadea como unha actividade extraescolar, tipo fútbol, na q o longo de moitos meses os nenos de Cerceda (nunca obligados) pasan ali un dia a seman divertido, no q ó final participan en un concurso.

Ese foi o seu fin en todo momento, q os Nenos o pasaran BEN.

PQ nn criticades o ekipo de futbol de infantiles ou cadetes de Cerceda, serviriavos o mesmo é unha actividade extraescolar igual, pq q eu sepa ahi nn hai ningun rapaz profesinal ou q cobre ou algo asi, pero ahi tamen hai fillos de xente do BNG, PSOE...., pois en EM nn habia ningun rapaz cantante nin famoso pero tamen habia fillos de xente do BNG, PSOE, na q todos o pasabamos ben.

Repitovos q o fin de EM era q os rapaces o pasaran ben, nn q saliran famosos.

Xa me despido, pero facedeme caso, se pretendedes culturizar a xente insultandovos, competindo por saber ken é o mellor, nn ides por bo camiño, nn utilicedes EM para ter algo para discutir.

Creo q aprendin eu + "cultura" cos nenos e compañeiros q acudiron a EM ó longo de todos estes anos, q a q pretendedes dar vos cos bonitos calificativos q vos escribides.

Salu2.

20 Julio 2007 | 01:55 AM

Hilda

Hilda dijo

Ola a tod@s! Pareceume moi ben que alguén implicado directamente en EM, estou falando de Javarito, dé a súa opinión que me parece moi correcta e nada "descabellada", dende o meu punto de vista esa xente: javarito, Esti, Cristina, Gloria... está claro que o curraron e que non é nada fácil lidiar con nen@s de tan diferentes edades. Puntualizo de todos xeitos que a cultura que pretende mostrar Lucerna non se ve reflexada nestes comentarios porque entre outras cousas os comentarios fainos xente que será de Lucerna ou a saber... aquí entra quen atopa o blog e comenta quen quere comentar. Por outro lado o de criticar ós infantís ou cadetes de fútbol: meus pobres! chegaba con ver as condicións nas que entrenaban (digo chegaba en pasado porque a ver se a cousa mellora no futuro) xa pasando páxina dos entrenamentos en Longo (os cadetes aínda siguen alí, creo) cando empezaron a entrenar no complexo do Roxo, por suposto no campo de terra que había ó outro lado, tiñan que cambiarse detrás do bochimche do Roxo! non lles permitían siquiera utilizar os vestuarios... Así que tampouco se trata de criticar unha actividade ou outra máis ben o tema vai por temas de apoio económico para unhas actividades sí e para outras non. O de politizar xa me parece a hostia porque dende logo deben ter o mesmo dereito a participar nas actividades os do PSOE, BNG, PP... ou anarquistas porque os nenos non creo que pensen en política a esas edades... Saúdos.

20 Julio 2007 | 01:41 PM

Esty

Esty dijo

Moi boas a tod@s!!

Bueno, teño q dicir q dende un principio kixen manterme ó marxe de toda esta polémica innecesaria acerca de EM, pro chgados a este punto tamén kero amosar a miña opinión acerca do tema posto q me está creando moitos kebradeiros de cabeza e realmnte me pregunto q fixen todos eses anos ahí. Vou falar dende a miña persoa, única e exclusivamente por min, non kero defender a ninguén nin por suposto criticar.

Non vou defender EM pq non creo q faga falta, cada un tedes a vosa opinión e eu respéctoa ante todo, o mesmo q me gustaría que vós respectedes a miña. O q sí kero deixar claro é q dende q me puxen ao frente de EM intentei q non se convertera en algo político, a miña intención sempre foi convertela nunha actividade máis do Concello (como ben dixo Javarito), simplemente iso, sin entrar en términos culturais, nin políticos nin nada q se lle pareza. Claro q EM non é cultura!! Creo q iso nunca saiu da miña boca pq en ningún momento pensei tal cousa, o feito de q outras persoas o venderan así non ten nada que ver conmigo!!

Cando keres defender algo tes que defendelo con argumentos, e non insultando ós demáis, e creo que a maioría olvidástesvos do tema que propuxo Adriana ó comezo do blog (o cal me parece moi interesante) e levastes as vosas teorías a temas puramente políticos e incluso me atrevo a dicir q persoais. A miña forma de defender, xa non EM senon a mín mesma, é esta, simplemente aportando o meu punto de vista e seguir vendo EM como o que significou para mín: 9 anos realizando unha actividade con nenos e nenas cuxo obxectivo sempre foi pasalo ben e facer algo diferente.

Non me gusta q me metan nun saco ó que non correspondo, estamos nun país libre e a liberdade de expresión é algo do que debemos dispoñer tod@s. Por este motivo non estou en contra da Cochikeira, a cuxo autor lle teño un grande aprecio e valoro por encima de todo o seu talento musical (sabes que sempre o fixen), por este motivo respecto tódalas opinións que se poidan verter acerca do meu traballo e seguirei pensando en EM ó marxe de todas estas historias…esto é ó q se lle chama liberdade de expresión

Eu tamén penso que as alternativas culturais do noso Concello son efímeras pero chamémoslle a cada cousa polo seu nome e non fagamos pagar as cagadas de uns nas peles de outros.

Un saúdo a tod@s e noraboa a Adriana por este espazo!! Ánimo!!

20 Julio 2007 | 10:03 PM

noelia

noelia dijo

muy bien mui bien!!!!!!!!!! aaahhhhhhh*!!!!!

30 Mayo 2008 | 10:00 PM

moneras

moneras dijo

o alcalde de cercedae o mellor eehhhhhhhhhh!!!!!!

30 Mayo 2008 | 10:02 PM

Escribe tu comentario





Sobre mí

Somos os jreñudos, os drojaditos, os terroristas, os rojillos de Cerceda. Eses ós que non lle justa traballar, que tan todo o día fumando cousas raras e escoitando música inescoitable. Somos os axitadores dun pobo morto, dun territorio caciquil. Aquí sejimos, facendo cousas raras, por unha CULTURA SEN CENSURA! contador
contador BlogESfera Directorio de Blogs Hispanos - Agrega tu Blog
directorio de weblogs. bitadir
Rate me on Bloggoggle blogs

Fotos

asociacion-cultural-lucerna todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera