Publicidad:
Logo de La Coctelera

Cultura sen Censura!

10 Junio 2007

O MURO

The Wall, na súa versión orixinal, é un filme no que Pink Floyd pon a música, pero tamén algo máis...



Na miña opinión, este filme, baseado nos típicos musicais, marcou un antes e un despois na historia do cine contemporáneo.

Nel, vése a progresión paranoica que sofre un cantante famoso, xa que de pequeno seu pai, un piloto de guerra, morre, o que o traumatiza dunha maneira insospeitable.

Así, axudándose dunhas incribles ilustracións, móstranse os pensamentos, soños, etc, do protagonista, que chegan a superar a ficción, envolvéndoo nun mundo confuso no que está fóra de control.

Ademais, o interesante deste filme é que en realidade está a denunciar a sociedade actual de maneira metafórica. Por exemplo, as cabezas planas poden ser interpretadas como xente que só fai o que fai a maioría, ou os terribles mounstruos que atacan en primeiro unha cidade que logo se converte nun deserto como os grandes dirixentes mundiais, a faceres das súas...

Como as interpretacións son moi subxectivas, espero que me axudedes con isto ou que, polo menos, me contedes que vos parece.

Para rematar,¿Que tal se lembramos Another Brick in the Wall?

Tags: pink, floyd, the, wall

servido por asociacion-cultural-lucerna 3 comentarios compártelo favorito

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

MALANECORA

MALANECORA dijo

Unha película impresionante, para min unha das mellores. A animación paréceme boísima e xa non digamos a música (eu que son fan incondicional de Pink Floyd...) é unha historia moi cruda e fainos ver o que pode pasar pola cabeza dun "paranoico" e como pode influir a infancia dunha persoa no resto da sua vida, o que pode supoñer un trauma infantil e ata donde nos pode levar. Por outro lado está a crítica ó poder que, como ben dis, trata de fabricar persoas que pensen da mesma maneira ou mellor dito, que xa non teñen que pensar porque solo lles van ofrecer o que queren que sexan e como sexan (esas caretas iguales), está moi presente o poder militar: ese desfile de grandes martelos...IMPRESIONANTE. A verdade é que cada un de nos pode buscarlle unha explicación a cada imaxe porque como nos dis é todo moi subxetivo.

10 Junio 2007 | 01:26 PM

MINHA XOIA

MINHA XOIA dijo

Este post gústame moito!!!

A verdade, nunca cheguei a ver a película enteira pq me perdo á metade...

Pero sen dúbida é unha das mellores. A animación é impresionante e impresionantemente erótica...

Nunha reflexión un tanto friki, vexo unha conexión entre a crítica deste filme á fabricación en serie das persoas- tal e como se pode comprobar no video q nos deixaches, coas cabezas planas dos alumnos- e a peli Matrix- a 1ª, por suposto- na escena na q se ve cómo fabrican ás persoas dentro dunha especie de úteros de plástico.

Cecáis un pouco paranoica...I DON¨T KNOW:::

19 Junio 2007 | 06:50 PM

roxy

roxy dijo

me gusta mucho que hayas opinado de una pelicual en la que muestra mucho lo que es la reealida de uan sociedad!! y también los conflictos que pueden tener unse humano

13 Marzo 2008 | 11:25 PM

Escribe tu comentario





Sobre mí

Somos os jreñudos, os drojaditos, os terroristas, os rojillos de Cerceda. Eses ós que non lle justa traballar, que tan todo o día fumando cousas raras e escoitando música inescoitable. Somos os axitadores dun pobo morto, dun territorio caciquil. Aquí sejimos, facendo cousas raras, por unha CULTURA SEN CENSURA! contador
contador BlogESfera Directorio de Blogs Hispanos - Agrega tu Blog
directorio de weblogs. bitadir
Rate me on Bloggoggle blogs

Fotos

asociacion-cultural-lucerna todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera