Publicidad:
Logo de La Coctelera

Cultura sen Censura!

10 Agosto 2007

A GRESCA

XA ESTÁ AQUÍ!!!

Estamos currando moito para que en setembro poidades desfrutar con nós e coa nosa maneira de promulgar a cultura- sen censura!!!

Como vedes, hai moitos grupos e actividades programadas para esta fin de semana, pero para que vos enteredes mellor, ahí vos vai o programa...

Pois iso, contamos convosco para esta Gresca.

Se queredes participar máis de preto na Gresca, botándonos unha man, o xoves 16 realizaremos unha macro-reunión no campo da feira de Cerceda, para que todos os que nos queirades axudar vos poidades enterar de cómo están as cousas e meternos un pouco máis na organización.

MÁIS INFORMACIÓN EN MYSPACE.COM/AGRESCA

Tags: gresca

servido por asociacion-cultural-lucerna 10 comentarios compártelo favorito

10 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Popeye

Popeye dijo

Ahí, moi ben! A tirar a casa pola ventana! Un festival é un festival e o demais son coñas. Tremendo cartelazo, rapaces! Dende aquí os meus parabéns, iso é botarlle collóns ó asunto. Eu non sei como se financia esto, supoño que o concello desta vez botará non unha man, senón todo o brazo, a ver... contádeme. Bueno pois se fai falla colaboración a ver se nos imos vendo as caras o xoves 16. Saúdos e, repito, parabéns á xente de Lucerna porque: Precioso cartel e vaia cartel!

11 Agosto 2007 | 04:09

NiTrAm_ZeRo

NiTrAm_ZeRo dijo

Siiii ohhhh!!! O concello si!!! xD digamos que se tal como ti dis consideramos o festival como un corpo humano, digamos que o que pon o concello non da nin pa punta do pixo!!! xD menos mal que ai outras administracións dispostas a colabarar e implicarse en maior medida!!! esperase a túa colaboración eh!!!

saudos!!!

12 Agosto 2007 | 01:46

GND8OR

GND8OR dijo

Parece sere ke a reunión e no campo da feira de cerzeda as 20 horas! Correxideme se me akivoco,, NON FALTEDESSSSS!!!

15 Agosto 2007 | 09:21

Ollo de Sapo

Ollo de Sapo dijo

Boas a todos! Antes de nada noraboa polo festival. O cartel está moi ben pero.. non actua Machina??? Oira que iban actuar pero bueno... Tiñamos ganas de velos en directo pero outra vez será. A verdade é que currastes ben o asunto. Esperamos que sexa un éxito. Alí estaremos! Saudos!

16 Agosto 2007 | 09:38

Ponte Louco

Ponte Louco dijo

Antes de nada agradecer a todos eses de Cerceda que un ano máis se achegaron a Castro Caldelas.

Respeto ao festival dicirvos, que o Ponte Louco cando medre quere ser coma vos. É unha pena que coincida coas festas de aquí, porque menudo cartelazo, xa falaremos para pedirvos teléfonos.

Saúdos

21 Agosto 2007 | 06:54

Chus

Chus dijo

Vai para @s Pontelouqueir@s: Non tedes nada que agradecer, en todo caso os agradecidos somos nos: 1º) por ese festival nese entorno incomparable 2º) Por ese trato que recibimos cada vez que imos, con licor café incorporado. Moito ánimo a todos para seguir con ese PONTE LOUCO e decirvos que non necesitades semellante cartel coma o de Cerceda, a ver se o Castelo se vai quedar pequeno e hai que cambiar a ubicación e xa non sería o mesmo. Un ano máis disfrutamos a tope dese pedazo festival e xa nos gustaría poder ir OS FACHOS pero cae un pouco fora de temporada e non resulta tan fácil (tamén está o tema do frío, co que pasamos desta vez....) Saúdos a tod@s.

22 Agosto 2007 | 12:03

enfadado

enfadado dijo

Vaia oh¡¡¡¡¡¡¡ ELOJO NON HABERÍA UNHAS FECHAS PEORES PARA FACER O FESTIVAL, A QUEN SE LLE OCURRIRON ?? FESTAS E EXAMES POR TODOS LADOS, ASÍ NON SE PODE¡¡¡¡¡¡¡¡

29 Agosto 2007 | 07:52

asociacion-cultural-lucerna

asociacion-cultural-lucerna dijo

TRANKI, NON TE ENFADES.

ME PARECE Q TOD@S TEMOS EXAMES POR ESAS DATAS, PERO HAI QUE FACER UN ESFORZO- OU NON- E DESCANSAR A FIN DE SEMANA, Q NON VEN MAL DESPOIS DE TANTO ESTUDIAR!!!

ANÍMATE A VIR PARA QUITAR TODO ESE EXTRÉS DO CORPO!!!

30 Agosto 2007 | 04:24

un curioso

un curioso dijo

po, ofestival este e do bloque, nn?a musica e a politica nn sei nn sei, malo

16 Noviembre 2007 | 09:30

MINHA XOIA

MINHA XOIA dijo

a ver, a ver curiosinho...
non sabes q a curiosidade matou ó ghatinho???
,ira q tades ca teima de q o festival era do bloque!!!
é un festival dunha asociación cultural INDEPENDENTE DE IDEAS POLÍTICAS.
Se hai máis xente do bloque q de outros partidos involucrada, iso quere dicir algo, non?
Seica para os demais a cultura "da plebe" é mala...

É mellor q te deixaras de prexuízos e q desfrutaras da tremenda oportunidade q nos brindaron coa gresca.

q pena q o teu pensamento retrógrada non che deixara desfrutalo...

para a próxima medítao un pouco máis antes de virar as costas.

Deica!

20 Noviembre 2007 | 06:36

Escribe tu comentario





Sobre mí

Somos os jreñudos, os drojaditos, os terroristas, os rojillos de Cerceda. Eses ós que non lle justa traballar, que tan todo o día fumando cousas raras e escoitando música inescoitable. Somos os axitadores dun pobo morto, dun territorio caciquil. Aquí sejimos, facendo cousas raras, por unha CULTURA SEN CENSURA! contador
contador BlogESfera Directorio de Blogs Hispanos - Agrega tu Blog
directorio de weblogs. bitadir
Rate me on Bloggoggle blogs

Fotos

asociacion-cultural-lucerna todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera