MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A GRESCA!
Bueno, bueno, agora sí que comezou a conta atrás...
Por iso, imos ir informando de todo o novo sobre A Gresca que se está concretando:
- Teremos zona de acampada nun fermoso pinar que hai detrás da zona do festival. Para quen veña:RESPETADEO E MANTÉDEO LIMPO.
-Estanse tratando de organizar unha serie de xornadas informativas que terán lugar paralelamente ós talleres e demais actividades da tarde.
-Posiblemente o sábado á tarde haxa unha exibición de graffiti, por concretar hora.
-Como sabedes, na Gresca intentaremos colaborar co medioambiente producindo a mínima cantidade de lixo posible, por iso contaremos cuns vasos ecolóxicos, que se poderán mercar e reutilizar. NON SEXAS AGARRADO, QUE SON MOI CHULOS!
Bueno, por agora é todo o que queriamos comunicar ós nosos gresqueiros.
Esperamosvos o próximo venres!






Pallas dijo
Pero a qn carallo se lle ocurriu poñer o festival este canda as nosas festas de Queixas??
Joder o festival seguro q esta de puta madre pero eq perder as festas de diante da casa...
moi mal eh!!!
4 Septiembre 2007 | 09:59 PM