DESPOIS DA GRESCA
Tardei moito en escribir despois dese pedazo de festival que armamos, pero é que a resaca, o cansancio, os exames de setembro e a "volta ó cole" non me deixan mito tempo...
Creo que non fai falla describir o que pasou logo deses impresionantes comentarios que non chegaron ó blog, polo que imos pasar páxina.
Que sepades que estamos a recopilar tódalas fotos sacadas durante a Gresca para faceres un mural ou algo así, así que se tedes algunhas e nolas queredes emprestar, non o dubidedes!
Ademais, o próximo sábado reunirémonos para falar de novos proxectos, pis isto non se vai quedar aquí, hai moito que facer...
Así que, se aínda sen ser socios nos queredes propñer novas actividades, adiante!
Polo momento, isto é todo. Déixovos co videoclip de Macina, Quéimame, presentado o venres da Gresca. Que vos parece?





Chus dijo
Deliciosa a resaca da Gresca!! Nunca ningunha resaca me deixara tan bó sabor de boca, nin nunca agradecera da mesma maneira o feito de estar feita polvo de cansada: que gusto estar cansada por colaborar con algo tan satisfactorio...
Por fin puiden ver o videoclip de Machina: cojonudo rapaces!!! Tiven a ocasión de velo antes da Gresca pero como me dixeron que a presentación iba ser o venres do festival quixen reservarme para sorprenderme ó tempo que o resto da xente, e... merda! Ese día tocou traballar, sobre todo a esas horas nas que se proxectou e aínda que me chegaba o son foi imposible poder ver as imaxes, pero... leveime a sorpresa agora e con moito gusto! PARABENS MACHINA
22 Septiembre 2007 | 11:29 PM