VIVAMOS COMO GALEGOS?
Este é o famoso anuncio de Gadis, que adica ós galegos, pero...vivimos así?
<Riquiño>
<Bueno...>
<Choiva>
<¿Que?>
Estes son algúns dos clichés que usan para crear este anuncio que, pretendendo ser unha apoloxía da cultura galega máis pura, se queda nun esteeotipo, na miña opinión un tanto ofensivo.
Está claro que temos un xeito de ve-la vida que ninguén máis ten, e que as nosas costumes e tradicións son únicas, pero este anuncio, que aburre pola súa duración, quédase curto se pretende dar unha imaxe do que é Galiza.
¿Non vos parece un estereotipo máis que en vez de ensalzar a figura do galego non fai máis que fortificar a imaxe estranxeira do que é un "tipical galego"?





Yenisonrisa dijo
Pois a mín paréceme un anuncio moi chulo e creo que tampouco se equivoca tanto describindo o que é Galiza, no único cando dí que somos optimistas e positivos que eu ahí contestaría de maneira moi galega: Bueeeno... Agora que cando dín que "coma aquí en ningún sitio", "mellor comida"(non só a tortilla de miña nai...), "os domingos á aldea" (a ver cantos dos que viven en cidades non aproveitan para desfrutar da auténtica terriña os domingos), cando falan de festas... eu creo que nos retratan moi ben.
19 Octubre 2007 | 09:39