somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis

Estatística dos comentarios neste blog
Este gráfico mostra a maneira en que se reparten os comentarios neste blog. A primeira vista apreciamos como a categoría correspondente a Paranoias mentais é a que leva a maioría das visitas comentadas xa que recolle un 38,1% do total. A razón pola que se dá este fenómeno pode ser que a maioría de visitantes son persoas coñecidas polo que mostran máis interese polos propios pensamentos e inquedanzas. A antítese está na cantidade de comentarios que recibiu a sección de Cartelismo en Galiza, unicamente un 3,6%, isto mostra o pouco que interesan os temas relacionados co noso país, aínda que non é bo xeralizar, aquí temos unha proba que o demostra.

Moulin Rouge: Le Goulue
Falar de Toulouse Lautrec é falar do Moulin Rouge, non só porque fose un lugar ao que acudise con frecuencia, refírome á sala de variedades, senón porque un dos seus primeiros carteis está dedicado a anuncialo. De sobra é coñecida a fama que tiña Lautrec de amante da vida nocturna parisina e da teima de observar a xente, de aí nace esta obra en 1891:

Contribuíron á súa popularidade moitos aspectos, hai que ter en conta que supoñía toda unha revolución o feito de que houbese tres dimensións no debuxo, o cal producía sensación de profundidade: a primeira son as sombras negras dos espectadores; logo está a bailarina alcumada " la goulue", que significa a glotona xa que bebía os restos dos clientes; e por último a silueta sombreada que corresponde ao "rei do vals". Tamén destacan as grandes letras con cores fortes e como non a repetición do nome en tres ocasións.

En definitiva, volvede a vista atrás e contemplade unha vez máis esta marabilla.

O cartelismo comercial en Galiza
Até ben entrado o século XX en Galiza non houbo un gran desenvolvemento da publicidade nos medios impresos pero isto non ocorreu só aquí senón que foi un fenómeno xeralizado tamén en España. Os lugares máis avanzados nas técnicas publicitarias foron Catalunya e Madrid polo que os empresarios galegos que quixesen algún tipo de publicidade debían recorrer a estes lugares.

Durante os primeiros anos non existía unha persoa especializada en realizar os anuncios pero pouco a pouco comezaron a esixir unhas certas técnicas de combinación de texto e imaxe e incluso de persuasión para que os comerciantes cumpran os seus obxectivos en canto a vendas.

En Galiza son escasos os anuncios desta época dos que se coñeza a autoría pero si podemos falar de Federico Ribas como o único artista galego dedicado profesionalmente ao ámbito da publicidade. Adxunto fotografía da mítica Auga Mondariz, exemplo dun deses carteis dos que se descoñece o creador.

Resulta obrigatorio facer unha parada nos corredores da redacción do antigo edificio do xornal "Faro de Vigo" xa que aquí exhibíronse unhas 20 reproducións de anuncios en azulexo realizados desde 1910 até a Guerra Civil. As temáticas eran moi diversas, unha delas é, como se ve na imaxe é a fábrica de fundición "La Industrial". O feito de que todos estes carteis fosen pasados a cerámica permitiu que chegasen aos nosos días xa que a principal característica dos carteis é o seu carácter efímero.(é posíbel que na imaxe non se aprecie con claridade que se trata dunha reprodución en azlexo).

Ademais do xa citado Federico Ribas, que realizou numerosísimos carteis entre os que destacan Heno de Pravia, Perfumería Gal, Petróleo Gal, etc; hai outros cartelistas galegos que aínda que non se dedicaran en exclusiva á publicidade teñen importantes obras, é o caso de Máximo Ramos e Camilo Díaz, deste último engado un cartel do "Expreso Vigo-Coruña" da empresa de autobuses Castromil xa que nos resulta familiar a moitos estudantes galegos.

Como nace un cartel
Resulta curiosa a forma que tivo de nacer un cartel de Toulouse.

En 1895 o artista dirixíase a Burdeos nun barco, é en plena viaxe onde coñece a unha muller casada da que de seguido se namora. Ela dirixíase a Dakar para reunirse co seu marido e a Lautrec pasóuselle pola cabeza ir con ela, idea que pronto desapareceu grazas á intervención do seu compañeiro de viaxe.

O artista despediuse do seu amor imposíbel pero gardou unha fotografía. dela, a partir da cal realizou un debuxo, que posteriormente se convertiu en en cartel para anunciar  a exposición internacional de carteis "Salon des Cent".

Tanto o debuxo coma o cartel transmiten sensacións expectaculares de calma (a muller na cadeira) e de movemento (o mar abaneando o barco)  representando a perfección tanto desde o punto de vista artístico como do cartel, polo que é un perfecto representante para esa exposición.

A técnica da litografía
O nacemento do cartel moderno vai ligado a unha nova técnica de impresión denominada litografía creada por Senefelder no século XVIII. A pesar diso en Galiza foron máis utilizados outros métodos como a imprenta e o gravado en madeira, en principio dedicados a ilustrar ou á reprodución de estampas relixiosas. É nos primeiros anos do século XX cando ademais deses usos se lle dá o publicitario, é dicir, o cartel.

A técnica litográfica, como o mesmo nome di, consiste na plasmación de imaxes en papel a partir da pedra. Utilízanse unhas planchas de caliza sobre as que se debuxa directamente, tanto o  propio artista como o operario da empresa litográfica  a partir dun papel de calco co que fai unha reprodución exacta do orixinal. Esta nova técnica permite a impresión  en distintas cores pero para iso necesítanse tantas planchas coma cores leve o cartel, así píntase cada prancha con unha das cores onde o debuxo o requira e logo mediante unha prensa, estes plásmanse no papel.

Os principais inconvenientes desta técnica están en que se perde o carácter artesanal que até o momento tiña a creación de carteis e todo tipo de ilustracións, ademáis, en certo modo, pérdese a completa autoría das imaxes xa que se produce a intervención dunha persoa allea á orixinalidade do debuxo pero imprescindíbel no proceso de creación dentro da técnica litográfica, e é que foron poucos os artistas que gravaron directamente nas planchas de pedra, (Cheret foi o único en Europa que debuxou directamente os seus carteis sobre a pedra litográfica), ademais esta técnica supón a adaptación ás posibilidades que ofrece xa que esixe a elección de unicamente 10 cores como máximo e a simplificación das formas e dos textos ante a dificultade de debuxar en pedra. Isto marcou a tendencia a seguir no cartelismo tanto en Galiza como no resto de Europa.

Hamlet, príncipe de Dinamarca viaxando pola Galiza
Sen afastarme de todo do tema que ocupa o meu blog (o cartelismo) vou adicar un post a Hamlet. Estou a falar da obra de teatro dirixida por Lino Braxe, que nestes días está percorrendo o pais. O pasado domingo 30 de abril pasaron por Lugo polo que era visita obrigada para min. Hai opinións de todo tipo, eu diría que resulta un tanto rara a ambientación xa que todo se desenvolve no contexto da II Guerra Mundial; tamén hai quen di que se fai un pouco pesada (no meu caso fíxoseme un pouco pola incomodidade das butacas, o auditorio deixa bastante que desexar), pero deixando todo isto a un lado teño que resaltar a brillantísima actuación do protagonista, Luís Tosar, que sen dúbida algunha destacou entre o resto do reparto. A persar de compartir escea con outras caras coñecidas como Manuel Manquiña ou Víctor Mosqueira, e con moitos outros actores habituais da TVG non hai punto de comparación, ningún transmitiu tanto coma o protagonista. Recoméndolle a todo o mundo que non perda a oportunidade de ver este actor en directo porque é realmente impresionante.

Como dixen, vou relacionar isto co tema do meu blog, teño que salientar que grazas á miña "compy" mita, que me advertiu da existencia dun cartel de Hamlet feito por Alphonse Mucha en 1899. Corresponde, polo tanto, á etapa do Art Nouveau.

Thank you Mitaa!

Art Deco
O estilo do Art Nouveau foi o que primou durante os primeiros anos do cartelismo pero a morte de Lautrec (1901) contribuíu á súa desaparición, morren entón co artista eses rasgos que convertían o cartel nun formigueiro de detalles. Serve de exemplo este cartel de Alphonse Mucha (1860-1939).

Nace un novo século e con el nace tamén un novo movemento que, como no resto das artes, déixase ver tamén no cartelismo, estou a falar do Art Deco. Este termo provén da exposición de "Artes Decorativas" de París (1925) que tivo como cometido reunir os produtos franceses cos do resto de Europa en materia de decoración e deseño. Rompendo totalmente co estilo anterior nacen os primeiros carteis influenciados polas vangardas: cubismo, futurismo, dadaísmo... A sociedade manda e esta está totalmente inmersa nun proceso de industrialización polo que a "máquina" deixa pegada.

Como exemplo en España temos o Museo de Art Nouveau y Art Deco en Salamanca.

Saíndo da diámica habitual...
O profesor Daniel Martí dixo que había que poñerse no lugar dos demais e pensar, para saber se imos ben no proceso de creación dun blog, se nos leriamos a nós mesmos. Eu reflexionei e cheguei á conclusión de que probabelmente non me lería pero non me importa moito xa que sempre pensei que eu non me caería ben así que, para que vou ler a alguén que non me cae ben..., é algo lioso pero en realidade nin me lería a min nin a ninguén, non é por desprezar, ollo! que hai blogs moi interesantes, o que pasa é que isto non me vai moito.

Serei unha insensíbel e ferirei conciencias informáticas pero son máis de papel

Próximas publicacións
Hai varios aspectos das outras seccións que abordan o cartelismo que debería explicar, iso será o que faga en posts sucesivos. Trátase da litografía, e Art-Decó

Introdución
O cartelismo nace en Galiza, ao igual que no resto do mundo pola necesidade de dar saída e informar sobre os novos produtos. Prodúcese entón no século XIX unha síntese entre arte, deseño e publicidade. Chegan ao noso país novos procedementos para a creación de carteis como é a litografia, da que falarei máis adiante.

Pódese dicir que Galiza non foi o lugar idóneo para o desenvolvemento da arte do cartelismo xa que era predominantemente rural e este un movemento urbano. A pesar de todo comezou a súa andadura con anuncios de festas, exposicións, publicacións e xa máis tarde propaganda política.

Esceario idóneo ou non, Galiza conta con moitísimos cartelistas, que aínda que non se dedicasen en exclusiva a isto, son dignos de mencionar; destaco a Castelao, Maruja Mallo e Luís Seoane.

Ao igual que o resto de artes gráficas, o cartelismo galego viuse influenciado por dúas correntes: o Modernismo e o Art-Decó.

Este é Henri de Toulouse Lautrec...
Detrás desa mirada atopouse quizais o mellor cartelista do mundo,foi unha Petit bijou (pequena xoia)como a el o chamaban. Como se adoita dicir, hai xente que nace con estrela, el naceu en 1864 coa arte no sangue. Quen sabe, se os seus pais non decidisen levar ao seu fillo ás clases de pintura de Renè Princeteau, hoxe non falariamos de Toulouse coma un xenio, ou quizais si...

As súas primeiras obras fíxoas aos 11 anos (e nós malgastando o tempo coa comba, os tazos...), nelas reflíctese a vida aristocrática que levaba xa que naceu no seo dunha familia noble, pero iso rematou cando sufriu unhas lesións nunha perna que lle privaron do crecemento e de todos eses protocolos que implican pertencer á nobreza.

Isto non lle fixo perder a súa vocación e en 1882 marcha a París para seguir coa súa formación.

Seccións
Para abordar o tema do cartelismo farei tres seccións distintas que quizais non inclúan todo aquilo relacionado co tema pero que son aspectos que realmente me interesan.

Polo tanto si haberá un apartado sobre o cartelismo en xeral, outro sobre Toulouse Lautrec, e finalmente un que considero de grande importancia e do que non se fala moito: o cartelismo en Galiza.

Cartelismo
Sempre considerei o deseño de carteis como unha especialidade moi atractiva do grafismo, que vincula poderosamente arte e deseño cunha finalidade publicitaria, o que fai que o deseñador xogue coa cor, a iconografía, a tipografía e demais elementos compositivos dunha maneira psicolóxica. Alberto Varela Ferreiro.

Creo que finalmente este vai ser o tema que ocupará o meu tempo e o meu blog. Non o teño moi explorado (por non dicir nada) e por esa mesma razón tomei esa decisión. A ver que tal me vai.

Paréntese
O motivo deste enorme periodo de tempo sen mostrar sinais de vida non é outro que unha enorme confusión. O que pasa é que me custou entender a nova actividade a realizar no blog (aínda que tamén houbo algúns problemas técnicos que me impediron seguir adiante, o cal demostra a pouca fiabilidade destas máquinas que na miña opinión só serven para dar problemas). En fin, que agora espero comezar a postear de novo.

Práctica 2
Consiste en comparar a información que aporta un xornal e a súa edición dixital coa que podemos visitar nos weblogs-diarios, extraendo conclusións que nos leven a saber cal sería o mellor método de información (se é que existe).

Eu escollín o xornal El País do dia 20 de marzo de 2006, tanto a edición impresa como a dixital, e os weblogs-diarios lastinfoo, weblogssl</a e ohmynews. Puiden observar como a estas alturas da tarde (18:33), o xornal impreso xa está retrasado e algunhas das noticias resultan obsoletas porque obviamente o mundo segue o seu rumbo. Algúns exemplos son que no xornal hai noticias como: "Los sindicatos retan a Villepin con una huelga si no anula hoy el contrato juvenil" sendo que na edición dixital xa hai unha actualización que di así: "Villepin se niega a retirar su reforma laboral pese a la amenaza de huelga general". Coma este atopamos varios casos máis que non citarei por non facer o post demasiado extenso. Isto mostra que en internet podemos atopar información máis actualizada, polo que é un punto ao seu favor, pero con isto non quero dicir que esa información sexa fiábel; a de "El País" non o dubido, por suposto, pero que pasa con "last infoo"? Estou de acordo con que é un excelente medio de comunicación xa que nos leva a outros blogs que tratan temas de todo tipo que nos poden servir de moita axuda, polo tanto trátase de información especializada e actualizada; pero non estou totalmente segura de que na actualidade poidan ser considerados totalmente fiábeis.

Paréceme moi interesante descubrir que se venden cámaras dixitais a moi baixo prezo en Xapón, pero quen me acredita que é verdade?, e coma isto moitas outras cousas que pode que importe máis a súa veracidade.

O caso de weblogssl paréceme algo distinto xa que segundo dixo o profesor Daniel Martí "encárganse de filtrar a información", con isto supoño que se refire a que só se publican artigos verídicos.

Así como oh my news, que parece ter información fiábel pero creo que para min e moita outra xente trátase dun espazo pouco útil xa que non temos un total dominio do inglés ou koreano.

Con todo isto quero dicir que os tres tipos de información teñen as súas vantaxes e inconvenientes e que se poderían complementar entre si para obter mellores resultados pero aínda así eu quédome cos xornalistas, porque eu si que creo que cinco anos de estudo serven de algo.

" óe que eu non teño títulos, son blogueiro"
O que eu saquei en limpo da práctica do día 14 de marzo foi o seguinte:

-O mundo dixital é algo novo e para coñecelo non nos podemos servir da teoría senón que temos que valernos de exemplos (supoño que isto é o que motiva a prácica 2).

-Hai, dentro dos medios impresos, dous gupos: os que pagamos (xornais como El País, El Mundo, Faro de Vigo, etc.)e os que podemos adquirir gratuitamente (adn, Que, Metro, etc.).

-Dentro do mundo de internet tamén temos dous grupos: as edicións dixitais dos xornais impresos (elpais, elmundo, etc.), e os weblogs-diarios (lastinfoo, weblogssl, etc.).

A pregunta é, cales destes medios nos ofrecen unha mellor información? os elaborados por xornalistas ou os elaborados por blogueiros?

"...esa esquizofrenia que teneis..."
Rematei o post anterior coa frase:" por se alguén o dubida, non teño esquizofrenia (con iso non se xoga)".

Pode resultar algo confusa pero a razón de que eu a puxera é que me parece do máis despreciábel adicarse a insultar, intentar ofender ou simplemente espabilar a alguén por medio de enfermidades. Refírome a que hai alguén que utiliza a esquizofrenia nunha clase de 1ºde Publicidade e RR.PP, non sei ben con que fin pero repítea esaxeradamente.

Eu, que peco de preocuparme por todos menos por min,penso: que pasa se houbese algunha persoa con esquizofrenia ou algo semellante na clase? Teno que estar a pasar realmente mal xa que este home (e xa preciso un dato máis) utiliza esta palabra con connotacións humorísticas ou burlescas (non sei...)

Para demostrar que non estamos ante o único caso quero facer referencia a un artigo de opinión publicado no xornal "El País" o día 13 de febreiro de 2005, o autor é Sebastián Serrano e o título Personas con autismo; quen o poida ler recoméndollo e para aqueles que non o teñen á man farei a continuación unha pequena síntese do seu contido.

Todo comeza cunha polémica viñeta humorística na que se dicía: "Ibarretxe es autista", isto provocou as evidentes protestas de persoas que viven esa enfermidade moi preto xa que se está utilizando  como un elemento que aporta humor ou incluso insulto. Con isto non quero dicir que a xente que utilice estes termos o faga con mala intención, nin sequera que o faga conscientemente, de feito o autor da viñeta pediu desculpas; pero o problema está en que non pensamos nos demais, na repercusión que as nosas palabras poden ter.

Non sei se na clase hai alguén que sufra algún tipo de enfermidade como é a esquizofrenia pero o que si sei é que se o hai non se debe sentir moi comod@ na materia de deseño.

No artigo de "El País" tamén se fai fincapé en que "una discapacidad o una enfermedad no se apliquen a nadie como el elemento que lo define. Así, igual que a un enfermo de cáncer a nadie se le ocurre llamarlo canceroso, a uno que sufre esquizofrenia piden que no se le llame esquizofrenico y a quien padece autismo que no se le defina como autista. Porque todos ellos, por encima de su enfermedad, son personas", "porque cualquier ser humano es muchas cosas más que su enfermedad o minusvalía".

Pois ben, esta é unha impresión que eu tiña, non quero que se tome coma un ataque nin moito menos,simplemente creo que é un problema que debemos intentar solucionar, TODOS.

totalmente fóra de lugar
Na práctica de hoxe comecei un post que finlmente non puiden publicar por falta de tempo e esqeucín gardalo no borrador, pero non pasa nada porque recordo perfectamente o que poñía (como esquecelo...).Dicía así: algunha vez vos sentistes fóra de lugar? pois é unha sensación moi desagradábel e felicito a aqueles que nunca a experimantaron. Nestes momentos estouno a sentir, a ninguén dos que poida ler isto lle vai interesar... e así rematei o post, que agora tentarei rematar. Agora tomei conciencia de todo isto e sigo pensando o mesmo, de calquera maneira que o mire, nesas tres horas de clase sentinme a persoa máis ignorante do mundo, a miña percepción era que había alguén ao meu lado pensando en alto. Espero que se trate da que eu chamo "depresión post-deseño" e que sexa pasaxeira.

P.D.: por se algúen o dubida, non sufro de esquizofrenia (con iso non se xoga)

POR FIN AS TEORÍASS
Só unha pequena aclaración sen importancia: NON SEI INGLÉS!!!!!.(Sinto ter que dicilo eu tamén).Algúen que non saiba de que vai o tema dirá, e iso que importa? pois importa moito porque iso significa que a maioría da información da que dispoño para facer este traballo non me serve.

Despois de días e días e días.... intentando "descifrar" a información teño que recoñecer que non o conseguín, sei que é triste pero cheguei a pensar que non estou feita para isto. Esta é a miña humilde (pero que moi humilde) aportación.

TEORÍAS DA COMUNICACIÓN COMO XA TODOS COÑECEMOS A ESTAS ALTURAS.

CULTURAIS

No campo das teorías culturais atopamos aquelas que fan referencia á nosa cultura, (é redundante pero é así)á nosa maneira de actuar, de ver a vida, en definitiva, a todos aqueles valores que inflúen na nosa conduta.

Como principais representantes destas teorías están: Bill Chadwick, Bob Craig, Em Griffin, Derek Lane, Robert M. Seiler, Martin Ryder, Carla Tonella e Ron Wright.

- Chadwick: recolle as teorías de Goffman (como a xente interactúa na súa vida diaria, isto será segundo a concepción que teñen os demais del/a) e Brown e Levinson (explica a partir dos conceptos de expresión positiva e negativa, a primeira reflicte o desexo de gustar e ser apreciado polos demaiais, e na segunda o desexo de non ser un estorbo ou atranco).

- Craig: dividimos os seus estudos en tres partes: teoría crítica, estudos culturais e estudos feministas

- Griffin: teorías interculturais e de xénero

- Lane:(contexto intercultural, aquí inclúe a Habermas e Deetz entre outros). Neste apartado debemos prestar especial atención á chamada cibercultura. Con ese termo referímonos a todas aquelas tecnoloxías que foron facendo posíbel o desenvolvemento cltural.O que máis destacaría hoxe é internet. Un claro exemplo desta cibercultura é o blogging xa que entre todos estamos a crear un grande espazo común.

RELACIONAIS OU INTERCULTURAIS

Neste eido estúdase o diálogo, a conversa, a interacción, é dicir, o nivel de consenso e entendemento entre as persoas. Destacan como representantes:

-Chadwick, onde distinguimos dous grupos:

Teorías do sentido. Destaca a semiótica e o interaccionismo simbólico (a sociedade persiste grazas á comunicación. Blumer no seu libro Symbolic interaccionism introduce os termos de "meaning", "language" e "thought" para falar sobre o interaccionismo simbólico).

Comunicación interpersoal, onde encadramos, por exemplo, o construtivismo.

- Craig: inclúe por exemplo a fenomenolóxica (experiencia do outro mediante o diálogo) e a retórica (a arte práctica do discurso).

Destacan tamén as aportacións de Lane, Simel e das universidades de Twente e Chicago.

GRUPAIS E ORGANIZACIONAIS

Aquí enténdese a comunicación, tal e como di o título, dentro dos grupos sociais.

Destacan os estudos de Chadwick, que introduce a Groupthink (adopción da ideoloxía grupal fronte as individuais de cada un)e a Karl Weick (organizacional)

A clasificación máis específica e teorías sobre a comunicación en grupos está Derek Lane.

Outros autores que podemos incluír son Griffin, Craig e Wright.

COMUNICACIÓN DE MASAS E DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Aquí agrupamos aquelas teorías que falan sobre a emisión de mensaxes á sociedade a partir de medios masivos de comunicación creando un pensamento específico previamente deliverado.

- Chadwick tratará nun dos seus estudos o fenómeno televisivo.

- Destacan tamén Craig, Griffin (que adica unha sección do seu libro web á comunicación de masas). Unha clasificación máis ampla é recollida por Derek Lane.

- Wright separa dúas perspectivas nas teorías da comunicación: teoría dos medios e da cultura e os efectos dos medios.

Para finalizar, a universidade de Twente iclúe diversas perspectivas sobre este tema.

Como conclusión, sei perfectamente que non é suficiente, pero as miñas posibilidades non me permiten facelo mellor. Todo isto está en infodis.

iiiughuuuu, eu tamén fun elexida para "el meme de los cuatro"
buiiino!! que sorpresaaa, non teño nin idea de que é isto pero gústame. Paréceme unha idea moi orixinal que procurarei seguir espallando. Pois iso, que aí van as respostas ás preguntas:

CATRO TRABALLOS QUE TIVEN

A verdade é que só tiven un traballo (porque iso de que neses estupendos veráns da infancia túa nai che pague por facer a cama non conta ou?).Pois ben ese único traballo que tiven foi ilegal, simplemente se tratou de axudar a librar de mercancía unha tenda de roupa para unha reforma e logo volver a colocar. Iso é todo pero creo que a estas alturas vaime sendo hora de ir adquirindo experiencia ou?

CATRO TRABALLOS QUE QUIXEN FACER

A min non me gusta traballar hehe, pero un sempre desexa traballar naquilo para o que estuda (ou case sempre)así que porfiiiii que algunha alma cándida nos dea traballo a esta estupenda promoción de publi!!!

CATRO PELÍCULAS QUE PODO VER UNHA E OUTRA VEZ

Alégrame ver que coincido con máis xente en que "Amelie" é unha peli que vería cada día porque simplemente é algo que temos tan preto de nós e que tan pouca xente repara nel, que me encanta que un director de cine si que reparase,para min é a mellor peli iso que eu tampouco son moi aficionada ao cine,cousa que quero cambiar.

CATRO PROGRAMAS DE TELEVISIÓN QUE ME GUSTAN EN EXCESO

Aquí é fácil escoller, son totalmente partidria do humor polo que opto por Eva Hache, Buenafuente, Channel Nº4 e recentemente aficioneime a House, sen olvidar nunca ao meu querido Hospital Central (pero cmo agora non hai poño a House no sitio). Teño que confesar que aínda que non aportan satisfacción algunha, se non teño nada que facer son capaz de pasar horas e horas diante da caixa tonta, isto trae como consecuencia chapar horas da intimidade dos demais, pero que conste que son horas de debilidade das que non me sinto orgullosa para nada.

CATRO LUGARES A ONDE FUN DE VACACIÓNS

Xa sei que non teño moito mundo pero sen dúbida algunha poño en primeiro lugar, como o mellor no que parei, Carnota (A Coruña), non creo que atope algún máis bonito. Logo como cidade quedei abraiada con Barcelona, tamén está Bilbao (que me produce sentimentos contrapostos hehe, xa que é feo e bonito á vez)e para finalizar, quen non pasou un aburrido verán na casa? pois eu si (bastantes)que, a fin de contas non tan aburrido, xa que Castro Ribeiras do Lea mola hehe.

CATRO PLATOS FAVORITOS

Este é o meu terreo, adoro a comida...É indiscutíbel para unha garfield coma min o mellor plato: lasaña, sexa do que sexa, non me importa. Tampouco lle fago un feo a un bo marisco da ría, especialmente aos bois; a tortilla de patacas (especialmente a do meu paputchi)tamén ocupa un lugar importante na miña vida hehe, e como non o vacalao ou rape da mamutchi.

CATRO SITIOS QUE VISITO A COTÍO

Coma moitos de vós ultimamente non fago outra cousa que ir da casa para a estación de bus (de Lugo no meu caso), de Lugo para a de Pontevedra, de aí para o piso e do piso á facultade.(xa cansei incluso ao escribilo).

CATRO LUGARES NOS QUE ME GUSTARÍA ESTAR NESTE MOMENTO

Repito que como boa garfield, o lugar máis cercano pode ser a piltra (sempre teño sono).Pero podo ir de aí a desexar estar na casiña, na praia ou de festa coa miña xente.

CATRO BLOGGERS QUE A LEVAN

Pois vana levar, mmmm, non sei, a verdade é que non coñezo moitos por agora pero levarana sila, martukinha eee mita en canto recorde como era o seu blog