Publicidad:
Logo de La Coctelera

somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis

subcomandante marcos Ale, pa' que vexades que eu tamén o poño en "international", que se entere to' diosss...

2 Marzo 2006

iiiughuuuu, eu tamén fun elexida para "el meme de los cuatro"

buiiino!! que sorpresaaa, non teño nin idea de que é isto pero gústame. Paréceme unha idea moi orixinal que procurarei seguir espallando. Pois iso, que aí van as respostas ás preguntas:

CATRO TRABALLOS QUE TIVEN
A verdade é que só tiven un traballo (porque iso de que neses estupendos veráns da infancia túa nai che pague por facer a cama non conta ou?).Pois ben ese único traballo que tiven foi ilegal, simplemente se tratou de axudar a librar de mercancía unha tenda de roupa para unha reforma e logo volver a colocar. Iso é todo pero creo que a estas alturas vaime sendo hora de ir adquirindo experiencia ou?

CATRO TRABALLOS QUE QUIXEN FACER
A min non me gusta traballar hehe, pero un sempre desexa traballar naquilo para o que estuda (ou case sempre)así que porfiiiii que algunha alma cándida nos dea traballo a esta estupenda promoción de publi!!!

CATRO PELÍCULAS QUE PODO VER UNHA E OUTRA VEZ
Alégrame ver que coincido con máis xente en que "Amelie" é unha peli que vería cada día porque simplemente é algo que temos tan preto de nós e que tan pouca xente repara nel, que me encanta que un director de cine si que reparase,para min é a mellor peli iso que eu tampouco son moi aficionada ao cine,cousa que quero cambiar.

CATRO PROGRAMAS DE TELEVISIÓN QUE ME GUSTAN EN EXCESO
Aquí é fácil escoller, son totalmente partidria do humor polo que opto por Eva Hache, Buenafuente, Channel Nº4 e recentemente aficioneime a House, sen olvidar nunca ao meu querido Hospital Central (pero cmo agora non hai poño a House no sitio). Teño que confesar que aínda que non aportan satisfacción algunha, se non teño nada que facer son capaz de pasar horas e horas diante da caixa tonta, isto trae como consecuencia chapar horas da intimidade dos demais, pero que conste que son horas de debilidade das que non me sinto orgullosa para nada.

CATRO LUGARES A ONDE FUN DE VACACIÓNS
Xa sei que non teño moito mundo pero sen dúbida algunha poño en primeiro lugar, como o mellor no que parei, Carnota (A Coruña), non creo que atope algún máis bonito. Logo como cidade quedei abraiada con Barcelona, tamén está Bilbao (que me produce sentimentos contrapostos hehe, xa que é feo e bonito á vez)e para finalizar, quen non pasou un aburrido verán na casa? pois eu si (bastantes)que, a fin de contas non tan aburrido, xa que Castro Ribeiras do Lea mola hehe.

CATRO PLATOS FAVORITOS
Este é o meu terreo, adoro a comida...É indiscutíbel para unha garfield coma min o mellor plato: lasaña, sexa do que sexa, non me importa. Tampouco lle fago un feo a un bo marisco da ría, especialmente aos bois; a tortilla de patacas (especialmente a do meu paputchi)tamén ocupa un lugar importante na miña vida hehe, e como non o vacalao ou rape da mamutchi.

CATRO SITIOS QUE VISITO A COTÍO
Coma moitos de vós ultimamente non fago outra cousa que ir da casa para a estación de bus (de Lugo no meu caso), de Lugo para a de Pontevedra, de aí para o piso e do piso á facultade.(xa cansei incluso ao escribilo).

CATRO LUGARES NOS QUE ME GUSTARÍA ESTAR NESTE MOMENTO
Repito que como boa garfield, o lugar máis cercano pode ser a piltra (sempre teño sono).Pero podo ir de aí a desexar estar na casiña, na praia ou de festa coa miña xente.
CATRO BLOGGERS QUE A LEVAN
Pois vana levar, mmmm, non sei, a verdade é que non coñezo moitos por agora pero levarana sila, martukinha eee mita en canto recorde como era o seu blog

servido por chi 4 comentarios compártelo favorito

4 comentarios · Escribe aquí tu comentario

sila

sila dijo

Haber se me explicas de que vai isto do grupo!!!!!!!!!!!!!!! non entendo nin papa do que me contastes, como sabes que son dese grupo, a que teño que respostar??????????????? infórmame canto antes de todo o que saibas ó respecto

7 Marzo 2006 | 12:02 PM

Gabi

Gabi dijo

:'(
Porke tanta gente forma parte dese grupo....
¿qué es eso?

7 Marzo 2006 | 06:56 PM

Adrián  Cangas

Adrián Cangas dijo

ei, eu tampouco me entero do q é iso, e gabi xa o puso... q cabróns non contades con ninguén XD!!!!!!!

10 Marzo 2006 | 09:26 PM

Lorena

Lorena dijo

Non sabía donde porte isto, así que cho poño no primeiro que pincho (é que se me vai marchar o bus!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!), que sabía o de Garfielde pensando nel se me ocurréuseme algo que puxen no meu blog. Para que o vexas...http://www.espacioblog.com/asisoyyo/post/2006/03/22/cuestion-colo..., xa que estás mira o resto...pero pasa do das teorías que é un rollo...

22 Marzo 2006 | 08:00 PM

Escribe tu comentario





Sobre mí

Avatar de chi

somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis

ver perfil »
contacto »
olá!! Son alicia, aínda que a maioría da xente me coñece como chi. Son de Castro Ribeiras do Lea (Lugo, GALIZA), vila bastante peculiar, por certo. Non me gusta falar de min explicitamente, non son desas persoas q se definen como as mellores, as máis divertidas e extrovertidas..., en fin, que ao final xa falei de min así que direi que me declaro totalmente en contra das máquinas (que paradoxo, estou estudando publicidade)xa o iredes vendo, xa que se me ve algo torpe nestes "cibersitios"(non sei como chamalo). Se alguén ten algunha curiosidade que eu poida respostar, que mo faga chegar... SEMPRE GARFIELD

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera