Art Deco
O estilo do Art Nouveau foi o que primou durante os primeiros anos do cartelismo pero a morte de Lautrec (1901) contribuíu á súa desaparición, morren entón co artista eses rasgos que convertían o cartel nun formigueiro de detalles. Serve de exemplo este cartel de Alphonse Mucha (1860-1939).
Nace un novo século e con el nace tamén un novo movemento que, como no resto das artes, déixase ver tamén no cartelismo, estou a falar do Art Deco. Este termo provén da exposición de "Artes Decorativas" de París (1925) que tivo como cometido reunir os produtos franceses cos do resto de Europa en materia de decoración e deseño. Rompendo totalmente co estilo anterior nacen os primeiros carteis influenciados polas vangardas: cubismo, futurismo, dadaísmo... A sociedade manda e esta está totalmente inmersa nun proceso de industrialización polo que a "máquina" deixa pegada.

Como exemplo en España temos o Museo de Art Nouveau y Art Deco en Salamanca.
Ale, pa' que vexades que eu tamén o poño en "international", que se entere to' diosss...