Logo de La Coctelera

somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis

subcomandante marcos Ale, pa' que vexades que eu tamén o poño en "international", que se entere to' diosss...

24 Abril 2006

Próximas publicacións

Hai varios aspectos das outras seccións que abordan o cartelismo que debería explicar, iso será o que faga en posts sucesivos. Trátase da litografía, e Art-Decó

servido por chi 3 comentarios compártelo favorito

24 Abril 2006

Introdución

O cartelismo nace en Galiza, ao igual que no resto do mundo pola necesidade de dar saída e informar sobre os novos produtos. Prodúcese entón no século XIX unha síntese entre arte, deseño e publicidade. Chegan ao noso país novos procedementos para a creación de carteis como é a litografia, da que falarei máis adiante.
Pódese dicir que Galiza non foi o lugar idóneo para o desenvolvemento da arte do cartelismo xa que era predominantemente rural e este un movemento urbano. A pesar de todo comezou a súa andadura con anuncios de festas, exposicións, publicacións e xa máis tarde propaganda política.

Esceario idóneo ou non, Galiza conta con moitísimos cartelistas, que aínda que non se dedicasen en exclusiva a isto, son dignos de mencionar; destaco a Castelao, Maruja Mallo e Luís Seoane.
Ao igual que o resto de artes gráficas, o cartelismo galego viuse influenciado por dúas correntes: o Modernismo e o Art-Decó.

servido por chi sin comentarios compártelo favorito

24 Abril 2006

Este é Henri de Toulouse Lautrec...


Detrás desa mirada atopouse quizais o mellor cartelista do mundo,foi unha Petit bijou (pequena xoia)como a el o chamaban. Como se adoita dicir, hai xente que nace con estrela, el naceu en 1864 coa arte no sangue. Quen sabe, se os seus pais non decidisen levar ao seu fillo ás clases de pintura de Renè Princeteau, hoxe non falariamos de Toulouse coma un xenio, ou quizais si...
As súas primeiras obras fíxoas aos 11 anos (e nós malgastando o tempo coa comba, os tazos...), nelas reflíctese a vida aristocrática que levaba xa que naceu no seo dunha familia noble, pero iso rematou cando sufriu unhas lesións nunha perna que lle privaron do crecemento e de todos eses protocolos que implican pertencer á nobreza.
Isto non lle fixo perder a súa vocación e en 1882 marcha a París para seguir coa súa formación.

servido por chi 7 comentarios compártelo favorito

24 Abril 2006

Seccións

Para abordar o tema do cartelismo farei tres seccións distintas que quizais non inclúan todo aquilo relacionado co tema pero que son aspectos que realmente me interesan.

Polo tanto si haberá un apartado sobre o cartelismo en xeral, outro sobre Toulouse Lautrec, e finalmente un que considero de grande importancia e do que non se fala moito: o cartelismo en Galiza.

servido por chi 1 comentario compártelo favorito

17 Abril 2006

Cartelismo


Sempre considerei o deseño de carteis como unha especialidade moi atractiva do grafismo, que vincula poderosamente arte e deseño cunha finalidade publicitaria, o que fai que o deseñador xogue coa cor, a iconografía, a tipografía e demais elementos compositivos dunha maneira psicolóxica. Alberto Varela Ferreiro.
Creo que finalmente este vai ser o tema que ocupará o meu tempo e o meu blog. Non o teño moi explorado (por non dicir nada) e por esa mesma razón tomei esa decisión. A ver que tal me vai.

servido por chi 3 comentarios compártelo favorito

14 Abril 2006

Paréntese

O motivo deste enorme periodo de tempo sen mostrar sinais de vida non é outro que unha enorme confusión. O que pasa é que me custou entender a nova actividade a realizar no blog (aínda que tamén houbo algúns problemas técnicos que me impediron seguir adiante, o cal demostra a pouca fiabilidade destas máquinas que na miña opinión só serven para dar problemas). En fin, que agora espero comezar a postear de novo.

servido por chi 4 comentarios compártelo favorito

20 Marzo 2006

Práctica 2

Consiste en comparar a información que aporta un xornal e a súa edición dixital coa que podemos visitar nos weblogs-diarios, extraendo conclusións que nos leven a saber cal sería o mellor método de información (se é que existe).
Eu escollín o xornal El País do dia 20 de marzo de 2006, tanto a edición impresa como a dixital, e os weblogs-diarios lastinfoo, weblogsslohmynews. Puiden observar como a estas alturas da tarde (18:33), o xornal impreso xa está retrasado e algunhas das noticias resultan obsoletas porque obviamente o mundo segue o seu rumbo. Algúns exemplos son que no xornal hai noticias como: "Los sindicatos retan a Villepin con una huelga si no anula hoy el contrato juvenil" sendo que na edición dixital xa hai unha actualización que di así: "Villepin se niega a retirar su reforma laboral pese a la amenaza de huelga general". Coma este atopamos varios casos máis que non citarei por non facer o post demasiado extenso. Isto mostra que en internet podemos atopar información máis actualizada, polo que é un punto ao seu favor, pero con isto non quero dicir que esa información sexa fiábel; a de "El País" non o dubido, por suposto, pero que pasa con "last infoo"? Estou de acordo con que é un excelente medio de comunicación xa que nos leva a outros blogs que tratan temas de todo tipo que nos poden servir de moita axuda, polo tanto trátase de información especializada e actualizada; pero non estou totalmente segura de que na actualidade poidan ser considerados totalmente fiábeis.
Paréceme moi interesante descubrir que se venden cámaras dixitais a moi baixo prezo en Xapón, pero quen me acredita que é verdade?, e coma isto moitas outras cousas que pode que importe máis a súa veracidade.
O caso de weblogssl paréceme algo distinto xa que segundo dixo o profesor Daniel Martí "encárganse de filtrar a información", con isto supoño que se refire a que só se publican artigos verídicos.
Así como oh my news, que parece ter información fiábel pero creo que para min e moita outra xente trátase dun espazo pouco útil xa que non temos un total dominio do inglés ou koreano.
Con todo isto quero dicir que os tres tipos de información teñen as súas vantaxes e inconvenientes e que se poderían complementar entre si para obter mellores resultados pero aínda así eu quédome cos xornalistas, porque eu si que creo que cinco anos de estudo serven de algo.

servido por chi 2 comentarios compártelo favorito

20 Marzo 2006

" óe que eu non teño títulos, son blogueiro"

O que eu saquei en limpo da práctica do día 14 de marzo foi o seguinte:
-O mundo dixital é algo novo e para coñecelo non nos podemos servir da teoría senón que temos que valernos de exemplos (supoño que isto é o que motiva a prácica 2).
-Hai, dentro dos medios impresos, dous gupos: os que pagamos (xornais como El País, El Mundo, Faro de Vigo, etc.)e os que podemos adquirir gratuitamente (adn, Que, Metro, etc.).
-Dentro do mundo de internet tamén temos dous grupos: as edicións dixitais dos xornais impresos (elpais, elmundo, etc.), e os weblogs-diarios (lastinfoo, weblogssl, etc.).
A pregunta é, cales destes medios nos ofrecen unha mellor información? os elaborados por xornalistas ou os elaborados por blogueiros?

servido por chi 1 comentario compártelo favorito


Sobre mí

Avatar de chi

somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis

ver perfil »
contacto »
olá!! Son alicia, aínda que a maioría da xente me coñece como chi. Son de Castro Ribeiras do Lea (Lugo, GALIZA), vila bastante peculiar, por certo. Non me gusta falar de min explicitamente, non son desas persoas q se definen como as mellores, as máis divertidas e extrovertidas..., en fin, que ao final xa falei de min así que direi que me declaro totalmente en contra das máquinas (que paradoxo, estou estudando publicidade)xa o iredes vendo, xa que se me ve algo torpe nestes "cibersitios"(non sei como chamalo). Se alguén ten algunha curiosidade que eu poida respostar, que mo faga chegar... SEMPRE GARFIELD

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera