Publicidad:
Logo de La Coctelera

somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis

subcomandante marcos Ale, pa' que vexades que eu tamén o poño en "international", que se entere to' diosss...

13 Marzo 2006

"...esa esquizofrenia que teneis..."

Rematei o post anterior coa frase:" por se alguén o dubida, non teño esquizofrenia (con iso non se xoga)".
Pode resultar algo confusa pero a razón de que eu a puxera é que me parece do máis despreciábel adicarse a insultar, intentar ofender ou simplemente espabilar a alguén por medio de enfermidades. Refírome a que hai alguén que utiliza a esquizofrenia nunha clase de 1ºde Publicidade e RR.PP, non sei ben con que fin pero repítea esaxeradamente.
Eu, que peco de preocuparme por todos menos por min,penso: que pasa se houbese algunha persoa con esquizofrenia ou algo semellante na clase? Teno que estar a pasar realmente mal xa que este home (e xa preciso un dato máis) utiliza esta palabra con connotacións humorísticas ou burlescas (non sei...)
Para demostrar que non estamos ante o único caso quero facer referencia a un artigo de opinión publicado no xornal "El País" o día 13 de febreiro de 2005, o autor é Sebastián Serrano e o título Personas con autismo; quen o poida ler recoméndollo e para aqueles que non o teñen á man farei a continuación unha pequena síntese do seu contido.
Todo comeza cunha polémica viñeta humorística na que se dicía: "Ibarretxe es autista", isto provocou as evidentes protestas de persoas que viven esa enfermidade moi preto xa que se está utilizando como un elemento que aporta humor ou incluso insulto. Con isto non quero dicir que a xente que utilice estes termos o faga con mala intención, nin sequera que o faga conscientemente, de feito o autor da viñeta pediu desculpas; pero o problema está en que non pensamos nos demais, na repercusión que as nosas palabras poden ter.
Non sei se na clase hai alguén que sufra algún tipo de enfermidade como é a esquizofrenia pero o que si sei é que se o hai non se debe sentir moi comod@ na materia de deseño.
No artigo de "El País" tamén se fai fincapé en que "una discapacidad o una enfermedad no se apliquen a nadie como el elemento que lo define. Así, igual que a un enfermo de cáncer a nadie se le ocurre llamarlo canceroso, a uno que sufre esquizofrenia piden que no se le llame esquizofrenico y a quien padece autismo que no se le defina como autista. Porque todos ellos, por encima de su enfermedad, son personas", "porque cualquier ser humano es muchas cosas más que su enfermedad o minusvalía".
Pois ben, esta é unha impresión que eu tiña, non quero que se tome coma un ataque nin moito menos,simplemente creo que é un problema que debemos intentar solucionar, TODOS.

servido por chi 6 comentarios compártelo favorito

7 Marzo 2006

totalmente fóra de lugar

Na práctica de hoxe comecei un post que finlmente non puiden publicar por falta de tempo e esqeucín gardalo no borrador, pero non pasa nada porque recordo perfectamente o que poñía (como esquecelo...).Dicía así: algunha vez vos sentistes fóra de lugar? pois é unha sensación moi desagradábel e felicito a aqueles que nunca a experimantaron. Nestes momentos estouno a sentir, a ninguén dos que poida ler isto lle vai interesar... e así rematei o post, que agora tentarei rematar. Agora tomei conciencia de todo isto e sigo pensando o mesmo, de calquera maneira que o mire, nesas tres horas de clase sentinme a persoa máis ignorante do mundo, a miña percepción era que había alguén ao meu lado pensando en alto. Espero que se trate da que eu chamo "depresión post-deseño" e que sexa pasaxeira.
P.D.: por se algúen o dubida, non sufro de esquizofrenia (con iso non se xoga)

servido por chi 13 comentarios compártelo favorito

6 Marzo 2006

POR FIN AS TEORÍASS

Só unha pequena aclaración sen importancia: NON SEI INGLÉS!!!!!.(Sinto ter que dicilo eu tamén).Algúen que non saiba de que vai o tema dirá, e iso que importa? pois importa moito porque iso significa que a maioría da información da que dispoño para facer este traballo non me serve.

Despois de días e días e días.... intentando "descifrar" a información teño que recoñecer que non o conseguín, sei que é triste pero cheguei a pensar que non estou feita para isto. Esta é a miña humilde (pero que moi humilde) aportación.

TEORÍAS DA COMUNICACIÓN COMO XA TODOS COÑECEMOS A ESTAS ALTURAS.

CULTURAIS
No campo das teorías culturais atopamos aquelas que fan referencia á nosa cultura, (é redundante pero é así)á nosa maneira de actuar, de ver a vida, en definitiva, a todos aqueles valores que inflúen na nosa conduta.
Como principais representantes destas teorías están: Bill Chadwick, Bob Craig, Em Griffin, Derek Lane, Robert M. Seiler, Martin Ryder, Carla Tonella e Ron Wright.
- Chadwick: recolle as teorías de Goffman (como a xente interactúa na súa vida diaria, isto será segundo a concepción que teñen os demais del/a) e Brown e Levinson (explica a partir dos conceptos de expresión positiva e negativa, a primeira reflicte o desexo de gustar e ser apreciado polos demaiais, e na segunda o desexo de non ser un estorbo ou atranco).
- Craig: dividimos os seus estudos en tres partes: teoría crítica, estudos culturais e estudos feministas
- Griffin: teorías interculturais e de xénero
- Lane:(contexto intercultural, aquí inclúe a Habermas e Deetz entre outros). Neste apartado debemos prestar especial atención á chamada cibercultura. Con ese termo referímonos a todas aquelas tecnoloxías que foron facendo posíbel o desenvolvemento cltural.O que máis destacaría hoxe é internet. Un claro exemplo desta cibercultura é o blogging xa que entre todos estamos a crear un grande espazo común.

RELACIONAIS OU INTERCULTURAIS
Neste eido estúdase o diálogo, a conversa, a interacción, é dicir, o nivel de consenso e entendemento entre as persoas. Destacan como representantes:
-Chadwick, onde distinguimos dous grupos:
Teorías do sentido. Destaca a semiótica e o interaccionismo simbólico (a sociedade persiste grazas á comunicación. Blumer no seu libro Symbolic interaccionism introduce os termos de "meaning", "language" e "thought" para falar sobre o interaccionismo simbólico).
Comunicación interpersoal, onde encadramos, por exemplo, o construtivismo.
- Craig: inclúe por exemplo a fenomenolóxica (experiencia do outro mediante o diálogo) e a retórica (a arte práctica do discurso).
Destacan tamén as aportacións de Lane, Simel e das universidades de Twente e Chicago.

GRUPAIS E ORGANIZACIONAIS
Aquí enténdese a comunicación, tal e como di o título, dentro dos grupos sociais.
Destacan os estudos de Chadwick, que introduce a Groupthink (adopción da ideoloxía grupal fronte as individuais de cada un)e a Karl Weick (organizacional)
A clasificación máis específica e teorías sobre a comunicación en grupos está Derek Lane.
Outros autores que podemos incluír son Griffin, Craig e Wright.

COMUNICACIÓN DE MASAS E DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Aquí agrupamos aquelas teorías que falan sobre a emisión de mensaxes á sociedade a partir de medios masivos de comunicación creando un pensamento específico previamente deliverado.
- Chadwick tratará nun dos seus estudos o fenómeno televisivo.
- Destacan tamén Craig, Griffin (que adica unha sección do seu libro web á comunicación de masas). Unha clasificación máis ampla é recollida por Derek Lane.
- Wright separa dúas perspectivas nas teorías da comunicación: teoría dos medios e da cultura e os efectos dos medios.
Para finalizar, a universidade de Twente iclúe diversas perspectivas sobre este tema.

Como conclusión, sei perfectamente que non é suficiente, pero as miñas posibilidades non me permiten facelo mellor. Todo isto está en infodis.

servido por chi sin comentarios compártelo favorito

2 Marzo 2006

iiiughuuuu, eu tamén fun elexida para "el meme de los cuatro"

buiiino!! que sorpresaaa, non teño nin idea de que é isto pero gústame. Paréceme unha idea moi orixinal que procurarei seguir espallando. Pois iso, que aí van as respostas ás preguntas:

CATRO TRABALLOS QUE TIVEN
A verdade é que só tiven un traballo (porque iso de que neses estupendos veráns da infancia túa nai che pague por facer a cama non conta ou?).Pois ben ese único traballo que tiven foi ilegal, simplemente se tratou de axudar a librar de mercancía unha tenda de roupa para unha reforma e logo volver a colocar. Iso é todo pero creo que a estas alturas vaime sendo hora de ir adquirindo experiencia ou?

CATRO TRABALLOS QUE QUIXEN FACER
A min non me gusta traballar hehe, pero un sempre desexa traballar naquilo para o que estuda (ou case sempre)así que porfiiiii que algunha alma cándida nos dea traballo a esta estupenda promoción de publi!!!

CATRO PELÍCULAS QUE PODO VER UNHA E OUTRA VEZ
Alégrame ver que coincido con máis xente en que "Amelie" é unha peli que vería cada día porque simplemente é algo que temos tan preto de nós e que tan pouca xente repara nel, que me encanta que un director de cine si que reparase,para min é a mellor peli iso que eu tampouco son moi aficionada ao cine,cousa que quero cambiar.

CATRO PROGRAMAS DE TELEVISIÓN QUE ME GUSTAN EN EXCESO
Aquí é fácil escoller, son totalmente partidria do humor polo que opto por Eva Hache, Buenafuente, Channel Nº4 e recentemente aficioneime a House, sen olvidar nunca ao meu querido Hospital Central (pero cmo agora non hai poño a House no sitio). Teño que confesar que aínda que non aportan satisfacción algunha, se non teño nada que facer son capaz de pasar horas e horas diante da caixa tonta, isto trae como consecuencia chapar horas da intimidade dos demais, pero que conste que son horas de debilidade das que non me sinto orgullosa para nada.

CATRO LUGARES A ONDE FUN DE VACACIÓNS
Xa sei que non teño moito mundo pero sen dúbida algunha poño en primeiro lugar, como o mellor no que parei, Carnota (A Coruña), non creo que atope algún máis bonito. Logo como cidade quedei abraiada con Barcelona, tamén está Bilbao (que me produce sentimentos contrapostos hehe, xa que é feo e bonito á vez)e para finalizar, quen non pasou un aburrido verán na casa? pois eu si (bastantes)que, a fin de contas non tan aburrido, xa que Castro Ribeiras do Lea mola hehe.

CATRO PLATOS FAVORITOS
Este é o meu terreo, adoro a comida...É indiscutíbel para unha garfield coma min o mellor plato: lasaña, sexa do que sexa, non me importa. Tampouco lle fago un feo a un bo marisco da ría, especialmente aos bois; a tortilla de patacas (especialmente a do meu paputchi)tamén ocupa un lugar importante na miña vida hehe, e como non o vacalao ou rape da mamutchi.

CATRO SITIOS QUE VISITO A COTÍO
Coma moitos de vós ultimamente non fago outra cousa que ir da casa para a estación de bus (de Lugo no meu caso), de Lugo para a de Pontevedra, de aí para o piso e do piso á facultade.(xa cansei incluso ao escribilo).

CATRO LUGARES NOS QUE ME GUSTARÍA ESTAR NESTE MOMENTO
Repito que como boa garfield, o lugar máis cercano pode ser a piltra (sempre teño sono).Pero podo ir de aí a desexar estar na casiña, na praia ou de festa coa miña xente.
CATRO BLOGGERS QUE A LEVAN
Pois vana levar, mmmm, non sei, a verdade é que non coñezo moitos por agora pero levarana sila, martukinha eee mita en canto recorde como era o seu blog

servido por chi 4 comentarios compártelo favorito

25 Febrero 2006

soñar con pantasmas

Quen me ía dicir a min que o de soñar coas pantasmas ía en serio. No post anterior case tomaba a burla o que o profesor de deseño nos dicía sobre a semana dos pesadelos. Por suposto, non crín para nada que o señor Martí era capaz de introducirse na nosa mente e manexala ao seu antoxo, pero é capaz diso e de mooooito máis, e dígoo por experiencia.
Procedo a contar a miña horríbel experiencia:
Despois de toda unha tarde invertida na creación dun blog con todas as seccións pertinentes (algo novo para min xa que como podedes ver no apartado sobre min, declárome totalmente contraria ás máquinas), e admito que, con certo retraso, o exercicio sobre teorías da comunicación, que finalmente non conseguín rematar. Pois ben, "rematei" o meu traballo coa cabeza algo sobrecargada, tendo en conta que pasei unhas cantas horas diante dunha pantalla de ordenador, e tendo en conta tamén algo que eu non sabía: o profe de deseño xa estaba dentro do meu organismo, ou ben estaba incubando o virus da gripe. Agora vén o peor xa que intentei conciliar o sono pero foime imposíbel durante toda a noite xa que esta transcorreu plagada de delirios, é aquí onde notei a incursión de dito profesor xa que, en contra da miña vontade, botei toooooda a noite tendo os máis horrendos pesadelos co blog, coas teorías da counicación, e co virus da gripe.
En realidade deduzo que todo isto se debeu a un duro proceso febril pero pensando na advertencia do profesor na clase de prácticas cheguei á conclusión de que posúe poderes sobrenaturais.
A todo isto débese a miña pouca actividade estes días, que espero retomar e que non sexa demasiado tarde.
E VÓS XA SABEDES, SE NON VOS PASOU AÍNDA ÍDEVOS PREPARANDO PARA SOÑAR CON PANTASMAS(refírome ao da gripe hehe)

servido por chi 3 comentarios compártelo favorito

21 Febrero 2006

clases

Afortunadamente houbo algo da última clase de deseño que evitou que decidise tirar todo polo chan (non foi para tanto pero a verdade é que o vin todo bastante negro). Pois ben, a frase alentadora que dixo o profesor para rematar a clase foi: esta é a semana dos pesadelos, preparados para soñar coas pantasmas. A sorte é que, segundo el, estes "efectos secundarios" só durarán esta semana, iso espero. Tamén me gustaría que entendese que para min e cónstame que para outra xente, este sistema de traballo é un tanto insólito e complicado. Isto signigica que faremos o posíbel por acadar os obxectivos maracados pero pola miña parte, a costa de moito tempo de traballo, anque por outra parte supoño que é isto o que o profesor busca. En fin, veremos o que se pode facer...:)

servido por chi sin comentarios compártelo favorito


Sobre mí

Avatar de chi

somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis

ver perfil »
contacto »
olá!! Son alicia, aínda que a maioría da xente me coñece como chi. Son de Castro Ribeiras do Lea (Lugo, GALIZA), vila bastante peculiar, por certo. Non me gusta falar de min explicitamente, non son desas persoas q se definen como as mellores, as máis divertidas e extrovertidas..., en fin, que ao final xa falei de min así que direi que me declaro totalmente en contra das máquinas (que paradoxo, estou estudando publicidade)xa o iredes vendo, xa que se me ve algo torpe nestes "cibersitios"(non sei como chamalo). Se alguén ten algunha curiosidade que eu poida respostar, que mo faga chegar... SEMPRE GARFIELD

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera