4 Mayo 2008

Pois tal e como prometín, este sábado montei na "Pelijrosa" e marchei a Sigüeiro a ver a exposición de coches e motos clásicas, que se celebrou con motivo da XII Festa da Troita.
O conto é que eu tiña entendido que había concentración de motos clásicas, pero resultou ser unha concentración motera sin máis. Cando cheguei alí só se vían Yamahas, Hondas, Suzukis, nada de Montesas, Ossas, Guzis ou "abuelas" polo estilo, así que decidín tomalo con filosofía e aparcar entre una Ducati e unha Yamaha coma se fose unha máis do montón;
Cun par!
Aquí vos deixo algunhas fotos. Salú!


Ver máIs fotos <--
servido por damiandecuntis
sin comentarios
compártelo
favorito
3 Mayo 2008

Con motivo da Festa da Troita, hoxe sábado pola tarde, hai EXPOSICIÓN DE MOTOS CLÁSICAS en Sigüeiro e disque a comisión de festas regala unha consumición a todo aquel que se acheghe ca "abuela" ó evento.
Se estás interesad@ en acudir á cita, só tes que coller a N-550 (dirección Norte) desde Santiago: Ver mapa.
Cóntovolo porque eu teño pensado pasarme por alí para sacar unhas afotos.
Salú!
servido por damiandecuntis
sin comentarios
compártelo
favorito
30 Abril 2008
Xoves 1 de Maio

A Asociación Cultural de Motos Antigas Terras de Padrón organiza a segunda edición da Ruta internacional de motos antigas, a primeira do calendario e que se celebra o xoves día 1 coa participación de entre 160 e 180 máquinas de máis de 25 anos. Treinta delas proceden de Portugal, algunha incluso dos propios museos, para percorrer un trazado de 80 kilómetros que discorre polos municipios de Padrón, Rois, Dodro, Rianxo, Pontecesures, Valga e Catoira.
A saida está prevista para as dez da mañana e a chegada sobre as duas da tarde, para compartir unha comida no Campo do Souto. Durante ese tempo, as motos estarán expostas no recinto aberto. A comitiva estará acompañada por dous camións-escoba; un microbús para os conductores; unha ambulancia; Protección Civil e unha patrulla de Tráfico.
A motocicleta máis antiga que fará o percorrido é do ano 1951 e pertence a un socio da Asociación Cultural de Motos Antigas Terras de Padrón.
servido por damiandecuntis
sin comentarios
compártelo
favorito
24 Abril 2008
Vespa 160 GT en Restauración.
A moda de los "scutres" colle forza na miña familia. Este é meu primo Fran. Fai un año e pico regalaronlle unha preciosa GT do '77 que vai coma un spunik. Ahora, co carné de moto na man, vove á carga coa restauración.
Neste momento, o chasis e demáis xa están no chapista.
A nosa meta é o 17 de maio "Día das letras galegas" para asistir á Ruta Rosaliana de motocicletas clásicas que organiza o motoclub de Santiago de Compostela.
Vai a ser algho complicado, porque ademáis hai que dala de alta en tráfico... A ver que pasa.

servido por damiandecuntis
sin comentarios
compártelo
favorito
20 Abril 2008

Encántame bucear por internet buscando cousas relacionadas coas vespas e lambrettas.
Esta vez atopei unha web donde venden remolques para scooters fabricados por un tal Scott McGravie: maxi-trailers.com
Por uns 1.300$ (facede vós as contas que a min a hipoteca non me deixa) podes levar á casa un estupendo remolque para transportar as "estrellas" durante as concentracións, ainda que a verdade, ten que ser moi chungo conducir unha vespa co remolque cheo de líquidos. Aquí vos deixo algúns modelos, a ver que vos parecen:


servido por damiandecuntis
1 comentario
compártelo
favorito
14 Abril 2008
Etapa Santiago-Vilagarcía. 12- Abril - 08
Antes de nada, Grazas. A Ricardo, que me recibiu cun forte abrazo. A Correcaminos, pola súa amabilidade e simpatía (e porque andaba de arriba a embaixo na busca dos rezagados), a Masito, que me fixo unhas fotos que xa me tardan, ós vespeinados de Vigo, polo "buen rollo " que os caracteriza e a tod@s en xeral.
Foi a miña primeira concentración, o meu bautizo scooterista e só teño boas palabras para todos.
Agora as poucas fotos que fixen (e que ca chuvia, sacar a cámara era toda unha aventura)
"A pelijrosa" foi e douno todo nas costas arriba. Que nos erámos dous na mesma burra e co motor sen suavizar, que senón...
Primeira paradiña por culpa dunha buxía, seghuro que se fora da marca "Campeón" non habería problema... A todo esto: as dúas averías da tarde foron de dúas pe-equis, eu non quería dicilo, peero...
Chegada a Vilagarcía para entregar o Testigo. Os vespeinados dixeron: "veña, rápido! vamos pa' casa que xa é noso!"
As concentracións fan extrañas parellas... unha "tecinco" en plan pistacho e a pelijrosa de meu pai.
Unha das máis bonitas da concentración: Vespa L
Unha panorámica xeral.
Entrega do testigo. Parece que Correcaminos no quería soltar o canuto... Un saúdo!

servido por damiandecuntis
sin comentarios
compártelo
favorito
14 Abril 2008
Como vos contaba no post anterior, non podo ir á Vuelta España en Vespa coa miña Lambretta Jet porque se lle estropeou o encendido e non da luz. Anda pero non da luz.
Tamén vos comentei que a Vespa 160 parou ó día seguinte e que ainda non sabía que carallo lle pasaba. Pois resulta que a vespa non anda, pero si que da luz. Manda ghuevos...
Resumindo: a lambretta anda pero non da luz. A vespa da luz, pero no arranca. (pareceme que neste momento teño dereito a soltar uns tacos) E todo estas caralladas a unha semana da etapa Santiago - Vilagarcía.
Por tanto, teño tres opcións:
1º-levo a moto ó mecánico confiando en que encontre un encendido electrónico para antes do venres.
2º- mecagoentodaslasestrellasquealumbranamaríasantísimaenelcielo.
3º- monto o motor que teño de reserva dunha 150CL
¿que opinades? eu casi me decanto pola terceira. É que me toca un pouco os ghuevos (con perdón) quedarme na casa despois das ilusións que me fixera.
Teño ganas de rodar ó lado de Ricardo, Nacho e Correcaminos. Conocer ós Vespeinados de Vigo, e ós do Lambretta Club de Vilagarcía. Facerme fotos con todos no Obradoiro e vivir a miña primeira concentración scooterista.
Salú!
servido por damiandecuntis
2 comentarios
compártelo
favorito
8 Abril 2008
Estou gafado...

Pois xa é mala pata, pero resulta que a unha semana da etapa Santiago - Vilagarcía da Vuelta España en Vespa, estropeouseme a lambretta.
A moto anda, pero non da nin gota de luz e non me arrisco a que me pare tráfico e me digan: "buenos días ¿sabe usted que va sin luces? Pues si, caballero. Nos debe 100€urillos de na... Estamos para servirle... ¿la moto? mejor se queda aquí hasta que venga la grúa."
Eu que estaba tan ilusionado coa presentación da miña Lambretta no mundo scooterista... terei que ir na Vespa 160 de meu pai, que a todo isto, tamén se me parou o domingo pola mañá e aínda non a revisei. Co cabreo que tiña nin lle mirei a buxía...
Salú!
servido por damiandecuntis
sin comentarios
compártelo
favorito