Piaggio-Vespa-Gilera líder do mercado de ciclomotores en xullo
Clica para VERSIÓN EN CASTELLANO <--

Según finanzas.com as ventas de motocicletas medran nun 19,3% en xullo e marcan outro récord con máis de 30.000 unidades.
Nos sete primeiros meses do ano, as matriculacións de motocicletas acumulan un crecemento do 28,2%, cun total de 160.212 unidades, polo que o mercado deste tipo de vehículos marcará un novo máximo histórico no 2006.
Por marcas, a primeira posición en ventas correspondeu en xullo a Montesa-Honda con 6.057 unidades, un 1,8% menos, seguida de Yamaha-MBK con 5.441 unidades (+21,9%) e de Suzuki con 4.322 unidades (+17,5%).
MEDRA O nº de CICLOMOTORES.
As ventas de ciclomotores siguen dando síntomas de recuperación, dado que el pasado mes de Xullo o mercado destos vehículos ascendeu a 17.283 unidades, o que representa un incremento do 12,1%.
Entre os pasados meses de xaneiro e xullo, as ventas deste tipo de vehículos ascenderon a 82.552 unidades, o que se traduce nunha progresión do 16,7% en relación cos sete primeiros meses do exercicio precedente.
Piaggio-Vespa-Gilera liderou o mercado de ciclomotores en xullo con 4.704 entregas, o que supón unha progresión do 15,3%, mentras que a segunda posición correspondeu a Yamaha-MBK con 3.967 unidades, un 4,6% menos


