22 persoas nun Citroën 2CV
É outra das miñas paixóns; O Citroën 2CV.
Na miña casa tivemos dous exemplares e o último vendeuse un ano antes de que eu sacara o carnet de conducir por unhas 80.000 ptas. (nunca llo perdonarei a miña tía)
Recordo con moito agarimo aquelas excursións á praia no flamante 2CV. Ía toda a familia: meus pais, miña avoa, miña irmá e eu. A defensa traseira casi rozaba o chan polo peso mentres meu pai baixaba marchas para poder subir as pendentes. Cando conseguía pasar de 100km/h mirábanos polo retrovisor cunha sonrisa cómplice mentres berraba "imos a cen, coma os coches!!" e miña irmá e eu escarallabámonos á risa mentras miña avoa dicía aquelo de "Susiño vai a modo"
Saíamos pola mañá cedo a eso das 10 co maleteiro a tope de sillas plegables, mesita, sombrilla e as toallas. Todo regado co magnífico cheiro á empanada de xoubas e tortilla que anegaba todo o coche. Sempre tiven a sensación de que o coche tiña cara de risa... ó mellor pasabao tan ben coma min.
Vaia, que me poño melancólico, ó choio:
Buceando polo Youtube atopeime con este video. Que o disfruten as vosas señorías.
Saúde!



refor dijo
Damián,non deixas de sorprendernos ca tía maneira especial de contar as cousas...¡que recordos os daqueles domingos de praia con toda a familia! Cando un crece non valora eses recordos pero son moi importantes na vida de un. De todas maneiras, era un coche que te levaba como outro calquera e que foi mítico na época e seguirao sendo forever. SAU2.
13 Noviembre 2006 | 04:52 PM