Recambios para Scooter na rede II
ScootRS.com
A semana pasada contábavos ónde mercar recambios na rede, ou mellor dito, da miña experiencia mercando pezas por internet.
Unha vez comprobada a eficacia de Harryscooters, Recambiomotoe Scooterclasico, decidín probar nunha páxina web na que hai recambios e accesorios moi interesantes: ScootRS.com
Esto que vedes,é o artículo que pedín e que, por certo, paguei via Pay pal.
É unha funda para o asento da miña Lambretta, estáfeita cun material plástico que imita a pel, pero de moi boa confección.
Está refordada no seu interior cunha espuma gomosa moi parecida a esa que levan algunhas alfombrillas do rato.
Pedina o pasado día 7 e chegou o Xoves 13. Envíancho por Fedex e chega ben embalado. O malo desto, é que pagas uns portes abusivos.
A funda costou 18€, pero ó sumarlle os costes de envío, tiven que afloxar 44€.
Agora deixovos un video (de tlf móvil) no que podedes ver unha das primeiras veces que arrancamos a Vespa160 despois de levar máis dun ano parada. Salú!


