Volta a España en Vespa.
Estou gafado...

Pois xa é mala pata, pero resulta que a unha semana da etapa Santiago - Vilagarcía da Vuelta España en Vespa, estropeouseme a lambretta.
A moto anda, pero non da nin gota de luz e non me arrisco a que me pare tráfico e me digan: "buenos días ¿sabe usted que va sin luces? Pues si, caballero. Nos debe 100€urillos de na... Estamos para servirle... ¿la moto? mejor se queda aquí hasta que venga la grúa."
Eu que estaba tan ilusionado coa presentación da miña Lambretta no mundo scooterista... terei que ir na Vespa 160 de meu pai, que a todo isto, tamén se me parou o domingo pola mañá e aínda non a revisei. Co cabreo que tiña nin lle mirei a buxía...
Salú!

