Logo de La Coctelera

Vespadicto

Heasy to be Happy

8 Abril 2008

Volta a España en Vespa.

Estou gafado...

Pois xa é mala pata, pero resulta que a unha semana da etapa Santiago - Vilagarcía da Vuelta España en Vespa, estropeouseme a lambretta.

A moto anda, pero non da nin gota de luz e non me arrisco a que me pare tráfico e me digan: "buenos días ¿sabe usted que va sin luces? Pues si, caballero. Nos debe 100€urillos de na... Estamos para servirle... ¿la moto? mejor se queda aquí hasta que venga la grúa."

Eu que estaba tan ilusionado coa presentación da miña Lambretta no mundo scooterista... terei que ir na Vespa 160 de meu pai, que a todo isto, tamén se me parou o domingo pola mañá e aínda non a revisei. Co cabreo que tiña nin lle mirei a buxía...

Salú!

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo favorito

16 Marzo 2008

Pechado por vacacións

Por fin. Eran horas... despois de 2 anos sen tregua por fin teño 6 días libres consecutivos. Eche o que ten traballar e estudar ó tempo. Non é imposible e ademáis recomendollo a todo quisque, pero non deixa respirar.

Durante a Semana Santa (bendita semana santa jajaja) non penso poñerme diante dun p_t_o ordenador, non penso mirar o blog, nin o flog, nin correos, nin carallos... Relax total.

Salú compañeiros!

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo favorito

13 Marzo 2008

Novas Vespas LXV y GTV Navy

Piaggio saca ó mercado as novas LXV e GTV versión Navy.
Básicamente, son as que sacaron con motivo do 60º aniversario, pero con pintura Blu Midnight metalizada e cunha nova cor de tapicería.

¿Los prezos? como casi sempre unha burrada; fai tempo que Vespa deixou de ser moto para convertirse en marca.

Vespa LXV Navy: 2.600€ 50cc e 3.400€ la 125cc
Vespa GTV Navy: 125cc e 250cc refrixeradas por auga, doble amortiguación traseira, dous frenos de disco... 4.400 e 5.100€uracos.


Tags: novedades

servido por damiandecuntis 2 comentarios compártelo favorito

13 Marzo 2008

Lambretta Jet 200 '82

Coñecímonos un 7 de Jullo do 2007. O noso foi un frechazo, de feito nin arrancaba, pero nada máis vela... oe, que me deu un pálpito, teño que recoñecelo.

Vendín a miña Vespa T5 e cambieina pola Jet. Podedesme chamar cambia-chaquetas, o que queirades, pero "cuando el amor llega así de esta manera, uno no tiene la culpaaaaa" (que diría a canción)

¿qué vos parece?

Ver fotos RESTAURACIÓN Lambretta Jet 200

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo favorito

5 Octubre 2007

Vespa 160 del '67 RESTAURADA

A Pelijrosa

Así lle di meu pai ós amigos cando fala da súa Vespa 160:

"hai que saber andar con ela que é pelijrosa de carallo"

Despois dun ano e pico preparándoa, aquí a tendes: co seu espello, as súas defensas cromadas, o seu soniquete "pa-pa-pa-pa"... da gusto pasear nela.

Pareceme que "Pelijrosa" é un mote caralludo. Salú!

PD: Por certo... saquín o carné!!

servido por damiandecuntis 4 comentarios compártelo favorito

5 Octubre 2007

Quitando o carnet de moto.

A p_t_ da tabla...

Seguro que os que xa teñeno carnet A, saben do que falo.
No examen práctico, ó que vou o martes, hai unha proba que trae de cabeza a moitos moteiros:


-a proba da tabla-

E é que ós señores de tráfico parecelles súmamente importante que o futuro motorista sexa capaz de pasar entre 2 tablas duns 6 metros de longo e separadas por un palmo de distancia (máis ou menos) Claro está, que si pisas algunha das dúas, estás suspenso.

Pois para que veaxades, eu monteimo en plan casero e fago as miñas prácticas no campo de "futbito" que teño diante da casa.

A ver si aprobo, que teño unhas ganas de sacar a 160 a pasear... Salú!

servido por damiandecuntis 1 comentario compártelo favorito

5 Octubre 2007

Lambretta Jet 200 en restauración.

Mans á obra!

Como vedes xa empecei coa restauración da miña lambretta e o primeiro, coma sempre, é deixala nos "alambrettos"

A ver si este fin de semana empezo a lixar.
Salú!

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo favorito

5 Octubre 2007

Recambios para Scooter na rede II

ScootRS.com

A semana pasada contábavos ónde mercar recambios na rede, ou mellor dito, da miña experiencia mercando pezas por internet.

Unha vez comprobada a eficacia de Harryscooters, Recambiomotoe Scooterclasico, decidín probar nunha páxina web na que hai recambios e accesorios moi interesantes: ScootRS.com

Esto que vedes,é o artículo que pedín e que, por certo, paguei via Pay pal.

É unha funda para o asento da miña Lambretta, estáfeita cun material plástico que imita a pel, pero de moi boa confección.

Está refordada no seu interior cunha espuma gomosa moi parecida a esa que levan algunhas alfombrillas do rato.

Pedina o pasado día 7 e chegou o Xoves 13. Envíancho por Fedex e chega ben embalado. O malo desto, é que pagas uns portes abusivos.

A funda costou 18€, pero ó sumarlle os costes de envío, tiven que afloxar 44€.


Agora deixovos un video (de tlf móvil) no que podedes ver unha das primeiras veces que arrancamos a Vespa160 despois de levar máis dun ano parada. Salú!

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo favorito


Sobre mí

. 28 anos, loco polas vespas e as lambrettas. vespistao(arroba)hotmail(punto)com CounterData.com

car insurance
car insurance Counter

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera