Logo de La Coctelera

iriadevila

Categoría: ponte coa cociña xa!

26 Abril 2006

OUTRO MOTIVO MÁIS, NON É TAN DIFÍCIL..NON?

hai un blog que dende logo está a facerme sombra...e dunha maneira impresionante!!pero sempre está ben a competencia..así que aí van unhas receitas interesantes

servido por iriadevila 2 comentarios compártelo favorito

24 Abril 2006

A PASTA, SEMPRE NOS QUEDARÁ

Está claro que unha parte moi importante das nosas dietas é a pasta. E por moito que nos digan, seguirao sendo. Quizais o problema que teño eu, e supoño que moita xente máis, é que xa estou un pouco rallada dos spaghettis e dos macarróns con atún e salsa de tomate. Tiña que variar un pouco, pero tampouco me apetecía deixar a pasta, porque me gusta e porque custa pouco!
Sorprenderíaste se te paras a mirar no supermercado a pila de tipos de pasta que hai... sopa de letras, de estrelas, de aneis, cus-cús, lazos, lazos con vexetais, cintas rizadas, niños de spaghetti, niños de cinta, spaghettis a secas, tallaríns, plumas 1, plumas 2....e un largo etc que non sería quen de enumerar! O peor de todo isto é que debe de saber todo igual! Vaia historia...para que se farán tantas formas de pasta? Non sei.

O caso é que a toda esta pasta, ademais do típico, pódenselle botar outras cousas: por exemplo, a carne picada, que xa a traes lista do supermercado. So a tes que fritir, e listo. Con queixo para gratinar e salsa boloñesa tamén sabe ben. Que máis... pois con taquiños de xamón, con champiñóns, con pementos e cebola, con salchichas, con espinacas e cenoria, con mexillóns, con chipiróns, con albóndegas, con bacallau, perexil e cenoria... en fin, teríamos unha longa lista que podes condimentar con moitas salsas preparadas, ou mesmo feitas por ti, e variar moito o típico prato de macarróns. Supoño que aquí xa está a imaxinación e o gusto de cada un, non?

Se non che vai moito isto, sempre podes pasarte ós ravioli, tortellini, lasaña ou canelóns... que tamén hai moita variedade e están bastante bos! Proba.

visita a silvia para ver o postre de hoxe!

servido por iriadevila 1 comentario compártelo favorito

20 Abril 2006

TORTILLA, A DE SEMPRE

gústache a tortilla?
A min bastante, e debe de ser por iso que será por maneiras de tortilla que aprendín a facer... A verdade é que podes botarlle case de todo o que che guste sen gastares apenas 5 minutos máis. Ah! E outra cousa. Seguro que algunha vez che sobrou tortilla, e fría xa non che gusta tanto...pois amañándoa un pouco encontrarás a solución.

Empecemos polo principio: unha tortilla de patacas, a de sempre. En media hora podémola ter feita. Seguro que xa a sabes facer, pero por se acaso. So precisamos ovos, patacas, aceite, sal e cebola se queremos. O único que hai que facer é pelar e cortar as patacas en cachiños pequenos, botarlles unha présa de sal e poñelas a frixir (xunto coa cebola se se quere), pero non ata que estean como para comelas con carne ou algo así. Máis brandas. Bátense uns ovos, proporcionalmente ás patacas, que senón logo non hai maneira. Máis vale que vaian ovos de máis. Sen apagar o lume da sartén, sacamos coa espumadeira as patacas para a tarteira onde teñamos os ovos batidos e remexemos todo. Sacamos o aceite que nos quedou na sartén e aí mesmo botamos a mestura de ovo e patacas que fixemos. Unhas cantas voltas e tortilla lista.

Tortilla de pasta: proba a cambiar patacas por macarróns ou spaghettis cocidos nunha pota con sal e un pouquiño aceite. En lugar de facer a mestura con patacas, irá a pasta. Sempre gañarás algo de tempo porque a pasta faise en menos tempo do que che levaría pelar, cortar e frixir as patacas. Ti decides.

Tortilla de espinacas: se o que che gustan son as espinacas, so tes que combinar na mestura espinacas cocidas e as patacas. En lugar das espinacas, tamén podes poñer acelgas se o prefires. En 15 minutos como moito, terás cocido un taquiño dalgunha desta verdura conxelada e non significa tempo adicional, porque podes facelo mentres frites as patacas.

Tortilla con espárragos e chourizo: sabe moi ben se mesturas as patacas frixidas con cachiños de espárrago (se son de bote cortados directamente, e se son naturais hai que cocelos primeiro) e cachiños pequenos de chourizo.

Cando tes tortilla fría, o mellor que hai é primeiro, partila á metade, horizontalmente. A parte faise unha mestura de atún, maionesa, pauíños de cangrexo, tomates cortados en rodaxas moi finas e follas moi cortadas de leituga. Logo, colocas unha rodaxa de tomate (ou as que che caiban) na parte inferior da tortilla. Despois colocas o resto da mestura e tapas coa parte de enriba. Para facer algo de picar está xenial. Proba.

visita a silvia, a ver que postre aconsella hoxe

servido por iriadevila sin comentarios compártelo favorito

18 Abril 2006

“LENTEJAS, SI QUIERES LAS COMES, ¡Y SI NO LAS DEJAS!”

Cantas veces lle oíches a túa nai dicir que as lentellas non as facía calquera?
Pois todo contos. Eu fíxenas o outro día por primeira vez na miña vida e ben boas que estaban! Non sei se foi a sorte do principiante ou que, pero o caso é que aí estaban. E en pouco tempo!
Isto é o que se precisa segundo a receita da miña nai:
Lentellas (obviamente), porro, cenoria, allo, tomate, pemento vermello, unha folla de loureiro, chourizo, touciño, aceite de oliva e sal. E o que non guste, pois suprímese, e listo. (Tampouco te pases).
A ver, en canto á cantidade de lentellas, pois eu, para catro persoas, boteille medio paquete, aínda non. Así que sobre 400 gr.
O máis importante é que se deixen as lentellas en auga do día anterior. Que as cubra.
Ó facelas, tírase esa auga sucia e bótanse as lentellas nunha pota grandiña con bastante auga.
A parte, cóllense o resto de ingredientes e pícanse segundo a ti che gusten, sobre todo os allos, que logo é máis desagradable atopalos. Cando teñas todo listo, acendes o lume da pota, con bastante lume. Cando a auga xa fumee, bótaselle un pouquiño aceite e sal; logo vai o resto. Cando ferva báixaselle o lume a un pouquiño máis do mínimo. En media hora ou así xa estarán listas. Logo haberá que probar de sal e sempre se está a tempo de botarlle algo máis.
Visita a Silvia para encontrar o postre máis fácil.

encontra outras receitas que che poidan interesar

buf, que curioso o blog das lentellas...nada do que te poidas esperar

servido por iriadevila sin comentarios compártelo favorito

18 Abril 2006

Comes mal. ¡claro, eres universitario!

A cociña para os estudantes

Xa estás farto de que os teus pais che recriminen o mal que comes dende que estudas fóra? Estás aborrecido do prezo do menú do comedor da facultade? Cada fin de semana que voltas devoras a comida da casa e por riba soportas a charla dos teus pais de “a ver se te coidas...”, “mira como vas...”, “tanta pizza xa sabía eu que non podía ser boa...”? etc., etc.
Si, haise que poñer a cociñar; pero algún modo ten que haber de comer con xeitiño sen gastar moito. E a iso mesmo se dedicará unha servidora durante unha tempada... as “receitas” (se así se lles pode chamar) que irei deixando procurarei que fagan de primeiro e de segundo prato á vez, aínda que algunha haberá que so sirva para picar! Todo hai que dicilo. Para os máis golosiños, teño unha amiga que sabe todo sobre postres ben fáciles de facer... así que, que mellor que un xantar acompañado dun bo doce? Visitádea!
Non pretendo facerme a “chef”, nin nada polo estilo; o único que pretendo é falar dun tema do que medianamente saiba algo, pasa-lo tempo, e por suposto, aprobar deseño con isto!
Grazas a Damián, por dárno-la idea tanto a Silvia como a min!! Espero que a ti tamén che sirva de algo...

servido por iriadevila sin comentarios compártelo favorito


Sobre mí

Me llamo Iria y vivo en Pontevedra (menos los fines de semana!). Estudio Publicidad y Relaciones Públicas; me encantan los idiomas, los temas de actualidad y todo lo que tenga que ver con los temas nacionales y culturales. mi dirección es iriadevila(arroba)wanadoo(punto)es

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera