Logo de La Coctelera

InDePeNdieNtE SieMpRe,aiSLaDa NuNca ;)

pReFieRo SeR MeNDiGo qUe BaNqUeRo...Si No TeNGo TuS oJoS...Pa' qUe qUieRo eL DiNeRo?

13 Junio 2006

Sen PaLaBRaS...

Nin que dicir ten...O meu post de hoxe dedícollo á miña terra natal... Espero que vos gusten as fotos ;)

Vilalba, indiscutible capitalidade da Terra Chá, tamén o é do concello que leva o mesmo nome. Ten por límites, ao norte os concellos de Xermade, Muras e Abadín; polo oeste Xermade e Guitiriz e polo sur os de Cospeito, Guitiriz e Begonte.
Estas terras, cunha superficie de case 382 quilómetros cadrados, constitúen o segundo municipio máis grande de Galicia.
Esta vila, que xurdiu ao pé do castelo que pertencía á casa de Andrade, hoxe convertido en Parador Nacional, é na actualidade unha importante cabeceira de comarca agrícola con funcións comerciais e de servizos, entre os que hai que destacar os relacionados co turismo, pois pola súa situación xeográfica é paso obrigado do turismo que se dirixe a Galicia e ao norte de Portugal e é que está emprazada nas dúas marxes das estradas de Santander-A Coruña e Madrid-Ferrol.
Como indica o nome da comarca na que se inclúe, a topografía deste concello caracterízase pola súa superficie chá, salvo nas zonas da Serra da Carba e na Pena do Miradoiro. A rede hidrográfica organízase ao redor da conca do río Miño e nunha estreita franxa do norte as augas envórcanse no río Eume. A Serra da Carba é a liña divisoria das augas entre as dúas concas e delas parten numerosos regatos que conflúen no Támoga ou Santalla e nos ríos Trimaz e Madalena, que regan a maior parte do concello. Desta confluencia xorde o río Ladra, afluente da marxe esquerda do río Parga.
A formación de prados está favorecida por un clima oceánico, con temperaturas medias de 11 graos e unhas precipitacións que nalgúns días poden ser a xeito de neve.

servido por merepubli 2 comentarios compártelo favorito

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Nina

Nina dijo

Hola, estuve viendo tu sitio y creo que este link te interesaria, es sobre mi pais:

http://www.visitingmexico.com.mx

Seguire leyendo tu pagina =0)

Nina.

15 Junio 2006 | 07:17 AM

MeRe

MeRe dijo

Visitaré el link Nina, muchísimas gracias. Espero seguir publicando en este espacio y que te gusten los lugares de los que hablo.
SALUDOS!

15 Junio 2006 | 02:56 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de merepubli

InDePeNdieNtE SieMpRe,aiSLaDa NuNca ;)

ver perfil »
contacto »
Soy una estudiante de 1º de Publicidad y Relaciones Públicas. Me interesa el mundo de las comunicaciones, sobre todo el trabajo en medios como la radio, la prensa e Internet.

Categorías

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera