A miña Ziralla

..."e hai quen di que o meu pobo está morrendo tamén. Ata non falta quen diga que xa está morto. Eu coido que teñen razón os primeiros, o que quere dicir que os outros non van tardar moito en tela: calquer día, pégalle un paralís ó río Arnoia, ou á fonte da Barreira, ou á campá grande da igrexa de Santiago, poñamos por caso, e Allariz pódese quedar coma un paxariño.
Allariz, cos seus séculos de indiferenza, ten feito xa unha longa aprendizaxe da morte.
A min gústame ser dun pobo ó que podo ver morrer, calquer día, como morren os homes e as mulleres. Morrer: é o único que lle falta ó meu pobo, para ser fondamente e enteiramente humano.
... Pero cando morra, mal será que lle falten os auxilios espirituales, porque eu son do parecer do Vicentiño, non hai pobo no mundo, que teña máis igrexas por católico cadrado." Marcial Suárez.
Case trinta anos despois, a Allariz aínda lle queda moito por andar; e para quen diga o contrario...


E do 6 ó 18 de Xuño Festa do Boi! Espero que vos pasedes a facer unha visitiña e a disfrutar da festa!

gabi dijo
muy bonito Allariz. espero hacerle un post en ZuHause(mi blog) tan pronto como acabe la Semana Tematica de París, a la que estais todos invitados. ;)
8 Mayo 2006 | 11:08 PM