Logo de La Coctelera

A nena de Allariz

9 Mayo 2006

A Festa do Boi

"Foi contra o xoves de Corpus de 1317,cando dende o Eiró, unha morea de xudeus fixeron acto de presenza ás portas da Igrexa co gallo de mofárense da Procesión Cristiá con berros, pantomimas e toda clase de excesos. Nisto, e, ante a sorpresa de todos, un alaricano fidalgo chamado Xan de Arzúa irrompeu contra aquela multitude cabalgando ao lombo dun robusto boi prendido nas hastas por un sedeño, levando con el aos seus criados con grandes aguilladas e axotando o animal contra os xudeus. O Xan de Arzúa portaba un saco cheo de cinsa e formigas, que botaba a aqueles xudeus irreverentes. Grazas a aquela estrataxema, os xudeus dispersáronse e deixaron de se burlaren da tradición do Corpus. A tradición do Boi mantívose pola propia vontade do Xan de Arzúa que dixou en herdanza un dote suficiente para pagar o aluguer do boi e, sobre todo, polos propios veciños alaricanos xa que, dende aquela, con xudeus ou sen eles quedou a formar parte do sentido do pobo. 689 anos despois, os alaricanos aínda seguimos a celebralo. Se queres ver fotos... "

servido por mfbi sin comentarios compártelo favorito

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Crea tu blog gratis en La Coctelera