Logo de La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

7 Octubre 2007

MEDIO AMBIENTE NON RENUNCIA A TRASLADAR ENCE A AS PONTES

Un informe que se deu a coñecer en xuño pasado desaconsellaba a ubicación da planta de celulosa en As Pontes pola proximidade dun ecosistema protexido, o das fragas do Eume, que podería verse seriamente afectado pola pasteira. Isto non parece constituír un obstáculo decisivo para o Conselleiro de Medio Ambiente, que perante a súa última visita á localidade, aínda que sen mollarse, non descartou esta ubicación. Segundo o alcalde socialista do municipio, Valentín González Formoso, este reúne tódalas condicións que mencionou o conselleiro como necesarias para ubicar a planta, coma contar con unha importante infraestructura para garantir o subministro eléctrico, unha gran masa forestal e auga en abundancia. Tamén mencionou a necesidade de contar con respaldo político local, que está garantido en As Pontes pola figura deste alcalde, gran promotor da candidatura de As Pontes para acoller á celulosa no seu territorio. Xa o informe de medio ambiente valorara como vantaxe a previsible faltade oposición veciñal nesta localidade debida á maior tolerancia da súa poboación as molestias que produciría unha papeleira. Ver noticia en La Voz de Galicia. Aquí

Pero o feito de non ter unha masa de poboación con conciencia dos efectos sobre a calidade de vida que produce unha actividade industrial que ,repetimos nestas páxinas, está considerada por Naciones Unidas como unha das cinco mais contaminantes non xustifica que estes se ignoren. Tampouco o silencio social xustificaría unha agresión irreparable sobre un dos escasos e pouco extensos santuarios verdes do noso país. Este tipo de razoamentos propios da calculadora frialdade do capital semellan xa suplantar nas administracións calquer argumento social e supoñen un intolerable abuso democrático. Ningunha das alegacións de Vazquez ou Gonzalez Formoso atinxe aos beneficios sociais que supostamente recibirían os sufridores dos gases e verquidos perniciosos. Porque fora de uns poucos postos de traballo estes beneficios non existen. Continúase a falar á esta sociedade como a unha masa pendente aínda só das necesidades primarias e que non está aínda en posición de aspirar a un nivel de calidade razoable.

servido por ortigueira 1 comentario compártelo favorito

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

Ryouga

Ryouga dijo

La cosa pinta mal... ya se sabe lo q diran por aqui , que da puestos de trabajo pues adelante!! quizas tambien seria lugar adecuado para el enterramiento de residuos nucleares (por ejemplo en Somozas al lado de Sogarisa y sus basuras toxicas) y la fraga do Eume , ya le va siendo hora de prenderle fuego y plantar eucaliptos q dan mas beneficio.

8 Octubre 2007 | 04:03

Escribe tu comentario





Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera