Publicidad:
Logo de La Coctelera

sila

6 Marzo 2006

TEORÍAS DA COMUNICACIÓN

Para elaborar unha análise exaustiva acerca dos distintos estudos teóricos elaborados sobre comunicación e preciso facer referencia a tres perspectivas fundamentais:

TEORÍAS CULTURAIS

O estudo das mesmas remítenos a pensadores sociais tales como Bill Chadwick, Bob Craig (que á súa vez explicita a diferencia entre teoría crítica, estudos culturais e os estudos feministas), En Griffin, Derek Lane, Robert M. Seiler, Martin Ryder, Carla Tonella, Ron Wright... Así como outras fontes como a Universidade de Twente ou o Cultural Studies Center.Trátase en todos os casos de fontes imprescindibles á hora de abarcar o pensamento acerca das teorías culturais.
Debemos partir da base de que todo individuo se relaciona co entorno co que convive. Actuamos socialmente, mantendo aidentidade creada por nós a través dos outros cos que nos vinculamos. Esta identidade é a que proxectamos cando actuamos socialmente.
Se tratamos de forma particular a clasificación de Craig debemos comezar por definir a súa concepción de teoría crítica: o pensamento crítico é a reflexión sobre proposicións de todo tipo que se nos ofrecen como socialmente aceptadas, coa intención de coñecer nalas qué corresponde verdadeiramente coa realidade. A facultade crítica é o produto da educación e o entrenamento.
Pola súa parte o pensamento feminista aséntase na permisa de que ambos sexos teñen a capacidade de coñecer leciós éticas dende a perspectiva da xastiza e o coidado, e que ningunha delas debe ser excluínte para ningún dos sexos. Rexeita explicacións pseudobiolóxicas sobre a desigualdade de xénero.
Dentro das teorías culturais é preciso facer unha mención especial acerca da cibercultura. A cibercultura abarca tanto a implantación social de tecnoloxías da información como as reflexións persoais sobre a nosa situación. Este é un proceso imparable no que cada período tecnolóxico caractrízase pola incorporación dun novo protagonista.

TEORÍAS RELACIONAIS OU INTERPERSOAIS

Cuestinanan o diálogo e a conversación, o autor e o protagonista, a interación, a empatía, o acordoe o consenso, a persuasión e o convencemento froito da relación social. Estou dacordo co mncionado en clase de que esta é unha visión un tanto romántica e quizais demasiado intimista..
Seguen a presentarse como enlaces fundamentais tanto autore concretos como sedes académicas de comunicación. Engádense ós anteriores a Escola de Chicago, U. Twente e Georg Simmel.

TEORÍAS GRUPAIS E ORGANIZACIONAIS

Sitúanse en contextos sociais concretos, consideran a comunicación como unha chaves gracias á cal se orientan os procesos organizativos ó considerala como un factor fundamental na creación de sentido dos procesos grupais derivados da necesidade de organización scial.

TEORÍAS DE COMUNICACIÓN DE MASAS E DOS MEDIS DE COMUNICACIÓN

Seguimos sa referirnos ás mesmas fontes de información mencionadas ate o de agora en apartados anteriores.
Einteresante a definuición de comunicación de masas de Derek Lane, que considera que esta se produce cando un reducido número de persoas mandan mensaxes a un gran número de xente, unha audiencia normalmente heteroxénea. Á súa vez encárgase de facer unha clasificación particular das teorías referidas á comunicación de masas (teoría do imperialismo cultural, teoría difusionista, teoría da espiral do silencio...).

A continuación un eaqema breve dalgúns conceptos clave relacionas coas teoría sda comunicación mencionados en clase:

TEORÍAS CULTURAIS:
-Saber comprendido
-Dereitos humanos
-Valores
-"Normal"

TEORÍAS INTERPERSOAIS:
-Ti-eu
-A resposta non está prevista
-Anti estilo
-Intención de convencer
-Direción conversacional do outro

TEORÍAS GRUPAIS:

-Liderato
-Prescrición de condutas
-Poliperspectivismo

TEORÍA ORGANIZACIONAIS.

-Identificación do líder
-Persuasión
-Fidelización

TEORÍAS DE COMMUNICACIÓN DE MASAS:

-Cobertura
-Audiencia
-Impacto
-Estilo
-Persuasión

servido por sila sin comentarios compártelo favorito

21 Febrero 2006

Clase do 21 de febreiro

Primeira hora: cuestións básicas acerca de comunicación e súa consideración como ciencia, titulada como: "Para entablar a conversación sobre a comunicación e a súa ciencia". Segunda hora:preguntas acerca das teorías sobre a comunicación, tarefa encomendada na clase da semana pasada. precisamente tocoume a min respostar a primeira cuestión sobre o tema que creo que respostei bastante ben tendo en conta a complicación do tema.

servido por sila 1 comentario compártelo favorito


Sobre mí

Comezar polo nome: Sila. Estudante de Publicidade e Relacións Públicas. Na actualidade inmersa na blogsfera, con certa reticencia nun primeiro momento pero cada vez máis interesada na experimentación sobre o tema. Supoño que será cuestión de tempo

Categorías

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera