Logo de La Coctelera

¡¡¡¡LeMbRaNzAs!!!!

... E sempre voltas ó pasado, e aínda que todo semella igual, todo cambiou...

10 Mayo 2006

Tráxica Historia

Camiño paseniño. Esta táboa é demasiado estreita para os meus pés. Preciso chegar cando antes ó outro lado. Baixo min esténdese algo así como o abismo. O meu redor, unha morea de negras sombras están a axexarme desde tódolos recunchos. As pantasmas do pasado están a atormentarme unha vez máis. Queren ver como sufro. De pronto perdo a estabilidade. Estiven a piques de caer. Respiro aliviado. Xa estou na metade do camiño, pronto chegarei a outra beira. Dou un paso cara adiante. Por fin volverei ser dono da miña vida. Perdo a estabilidade de novo. Noto como a táboa empeza a ceder. De súpeto, síntome caendo cara o abismo. Non sinto medo nin turbación; pode que desaparecendo todo sexa máis doado. Chegou o momento de dicir adeus. É o prezo que debo de pagar polo dano que causei.
Azul, vermello, branco, verde, amarelo e, de pronto, negro. Todo é negro, estou na escuridade total. Pouco a pouco, a miña vista vaise adaptando e doume conta que estou nun labirinto. Un labirinto sen saída onde estarei atrapado por sempre. As paredes e mailo chan son de cor negro, e o teito... Non hai teito, ou polo menos non son quen de percibilo. Outra vez as pantasmas. Estanme a seguir, nunca serei quen de desfacerme delas. Queren atormentarme co pasado.
A tristeza de aquel cativo. A mentira daquela muller. A ebriedade daquel home. Recordo, penso, reflexiono. Sinto medo. Aquela noite. A escuridade. Perder o control. O pánico apodérase de min outra vez. Nunca recobrarei a miña antiga vida. Unha traizón. Un gran sufrimento. Unha ferida que nunca se pechará.
Forza, firmeza, valentía. Necesito ser quen de loitar contra verdade. Superar o meu medo. Solo así atoparei a saída do labirinto. Unha luz branca sitúase sobre min. Quizais é un sinal, quizais consiga saír de aquí. Quizais abra ós ollos e descubra que todo foi un pesadelo. Ou quizais descubra que é verdade, e entón precisarei tódalas miñas forzas para facerlle fronte a realidade.
Conseguino. Abrín os ollos. Volvo a realidade, a unha realidade rota pola dor. Estou na cama dun hospital. O meu carón está ela. Non a quero ver. Que se vaia. Tamén hai outra persoa, un policía. Xa sei porque está aquí. Quere que lle conte todo. Pero... non vou ser capaz. ¿Que lle vou dicir? Que a miña muller me traizoou, que me engana, que se deita co meu propio irmán, sangre da miña sangre. Ódioa. Non a quero ver. ¿Que máis lle contarei? Que un home ebrio perdeu o control do seu coche e bateu contra aquel neno. Un neno con bágoas nos ollos, un neno cheo de tristeza porque non ten con quen xogar. Non son capaz, non podo continuar. É demasiado duro recordalo. ¿E os pais dese neno? Están demasiado ocupados para darse conta das bágoas do seu propio fillo. Súa nai, esa muller que me engana. Seu pai, eu, un home que afora as penas nun vaso de whisky. Un home que acabou coa única cousa que realmente quería na vida. Eu, o home que lle arrebatou a inocencia a ese cativo. Eu, o asasino do meu propio fillo.

P.D.: Informovos que esta historia é froito da miña imaxinación. Que vos pareceu? Espero que vos gustara!!!!

servido por Susana 1 comentario compártelo favorito

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

o

o dijo

MUY BONITO

10 Mayo 2006 | 05:09 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Susana

¡¡¡¡LeMbRaNzAs!!!!

Ourense, España
ver perfil »
contacto »
¡Ola! O meu nome é Susana, e son natural de Ourense. Actualmente estou estudando (ou, polo menos, eso din) Publicidade e Relacións Públicas en Pontevedra. O meu correo é susi_101(arroba)hotmail(punto)com.
Counters

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera