Logo de La Coctelera

¡¡¡¡LeMbRaNzAs!!!!

... E sempre voltas ó pasado, e aínda que todo semella igual, todo cambiou...

12 Mayo 2006

DeSeXos

Moitas veces cando penso no futuro, doume conta de que moitas cousas van cambiar aínda que eu non queira. É entón cando chamo pola miña fada madriña, e entrégolle unha lista con tódolos meus desexos po mañá. Unha lista que empeza así e non ten fin:
1. Non ter medo os meus recordos.
2. Rirse dos problemas.
3. Loitar polo que quero.
4. Converter en realidade os meus soños.
5. Nunca esquecerme da xente que me importa.
6. Vivir cada día como se fora o derradeiro.
7. Ter unha gran casa cun xardín cheo de flores.
8. Atopar a felicidade.
9. Ser mellores.
10. Nunca pechar os ollos ante as dificultades.
11. Erguerse despois das derrotas.
12. Un gran ramo de flores desa persoa especial.
13. Viaxar por todo o mundo.
14. Vivir o teu futuro, sen esquecer o pasado.
15. Que sexan capaces de quererme a pesar dos meus defectos.
16. Nunca vivir a soidade.
17. Nunca danar a xente que realmente me importa.
18. Saber que cousas importan realmente.
19. Lembrar por sempre as experiencias vividas.
20. Nun fuxir do pasado.
21. Que te biquen con dozura.
22. Non deixar pasar as grandes oportunidades por medo.
23. Asistir a tódalas citas.
24. Nunca ofender ós meus amigos.
25. Ler unha boa novela baixo a sombra dun árbore.
26. Ter un fogar cheo de felicidade.
27. Ser capaces de perdoar a quen te ofendeu.
28. Nunca ter que chorar diante da tumba dun amigo.
29. Aprender dos meus errores.
30. Ter alguén sempre o meu carón nos momentos difíciles.
31. Que me recorden cunha sonrisa nos beixos cando xa non estea.
32. Un abrazo cheo de tenrura dun amigo ou dun amor.
33. Ser eu mesma sempre, e de cambiar que sexa para mellor.
34. Poder contar sempre cos meus amigos.
35. Ter un milleiro de lembranzas de xuventude para contarlle ós meus nenos.
36. Atopar o meu amor verdadeiro.
37. Que ninguén me faga dano nin fira os meus sentimentos.
38. Nunca separarme da xente a que quero.
39. Unha cea romántica a luz das veas.
40. Un amencer na praia.
41. Facer puenting.
42. Espertar ó lado desa persoa especial.
43. Que non existise nada imposible, que solo fose improbable.
44. Non facer chorar a xente que me importa.
45. Ser capaz de dicir quérote cando realmente o sinto.
46. Que os meus amigos sempre estean aí.
47. Que non me avergonce dos meus actos, que aprenda deles.
48. Non coñecer o que significa estar triste.
49. Ser agradecida por todo canto teño.
50. Un paseo baixo a luz da lúa.
51. Que os golpes da vida non sexan demasiado duros.

servido por Susana sin comentarios compártelo favorito

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Susana

¡¡¡¡LeMbRaNzAs!!!!

Ourense, España
ver perfil »
contacto »
¡Ola! O meu nome é Susana, e son natural de Ourense. Actualmente estou estudando (ou, polo menos, eso din) Publicidade e Relacións Públicas en Pontevedra. O meu correo é susi_101(arroba)hotmail(punto)com.
Counters

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera