Chegou o momento de dicir adeus...
Amigos, o curso remata!!!!
Este creo que vai ser o último post que lle dedico especificamente á materia de deseño. Ó longo deste cuadrimestre intentei comprender de que ía a materia e cal era a finalidade de elaborar un blog propio. Se ben é certo, creo que en relación coa materia estou case coma o primeiro día, pero ese case significa que algo aprendín con todo isto, aínda que sexa pouco…
A parte máis interesante da materia foi elaborar o blog. Igual, que unha maioría, tardei un pouco en coller a dinámica deste pero, ó final, collina. Ademais penso que isto de elaborar o blog tamén serviu para coñecernos mellor entre os compañeiros, xa que era unha excusa moi boa para entablar unha conversa.
En resumo, non podo dicir que esta fóra a materia que máis me gustou, pero si que foi a que máis quebradeiros de cabeza me deu!!!
Para rematar quero desexarlle a tódolos meus compañeiros estudantes, coñecidos ou non, que teñan moita sorte nos examens, e que deixen as menos posible para setembro, jejeje....
P.D.: Propoñome firmemetne seguir elaborando o blog despois de que acabe este curso pero, iso si, de forma menos frecuente...

refor dijo
Non paga a pena olvidar esto dos blogs, é unha maneira de estar o día na evolución tecnolóxica e unha maneira moi fácil de aprender con outra xente que coñece outras cousas que ti non coñeces e, ó mesmo tempo, non sabe outras que ti sí que dominas (que rollo!je). SAÚDOS E MOITA SORTE COS EXAMES!
7 Junio 2006 | 09:00 PM